CONVOCADA ACTIVIDADE DE FORMACIÓN CONTINUA

Luns, 17 Mar 2025

Hoxe publicouse no DOG unha actividade de formación continua da EGAP dirixida ao persoal da administración de xustiza, entre outros.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza até o día 24 de marzo de 2025.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14:00 horas da data de remate. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación e telepresenza deberán dispor dunha conta de correo electrónico, cuxo enderezo terán que indicar na solicitude, e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un ordenador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

– Altofalantes e micrófono.

Consulta na seguinte ligazón a resolución completa: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250317/AnuncioO150-070325-0001_gl.html


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal