
CONVOCADO CONCURSO TRASLADOS CORPOS XERAIS

Hoxe publicouse no BOE e no DOG a convococatoria do concurso de traslados para os corpos de xestión, tramitación e auxilio.
O prazo de presentación de instancias é de 7 días hábiles, a contar dende o día seguinte a publicación no BOE, é dicir, dende o 27 de xaneiro até o 4 de febreiro.
O número máximo de órganos que se poden solicitar, entre vacantes e resultas, é 200.
Antigüidade: polos servizos efectivos prestados como funcionario/a de carreira ou interino/a no corpo ou escala para o cal participa outorgaranse dous puntos por cada ano completo de servizos, e computaranse proporcionalmente os períodos inferiores (0,00555556 por día). Para estes efectos, os meses consideraranse de trinta días e ata un máximo de 60 puntos.
Idioma: coñecemento oral e escrito da lingua oficial. Debendo acreditarse o coñecemento por medio de certificado oficial ou ben homologación do título aportado.
As solicitudes fanse de forma telemática a través do asistente de inscrición na seguinte ligazón de AINOA: https://aplicacionainoa.justicia.es/asistenteinscripcion/GTA. Para acceder deberedes identificarvos por algún dos sistemas que se ofrecen: dni electrónico, certificado dixital, Cl@ve Pin ou Cl@ve permanente.
Accede aquí a consultar as publicacións do BOE e DOG:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal