
CONVÓCASE PRAZA EN COMISIÓN DE SERVIZO NA DELEGACIÓN PROVINCIAL DA MUXEXU CORUÑA

Acaba de publicarse na páxina web do Ministerio de Xustiza a convocatoria dunha praza en comisión de servizo do corpo de Xestión Procesual e Administrativa na Delegación Provincial da MUXEXU en A Coruña.
Poderá solicitar esta comisión de servizo o funcionariado de carreira do corpo de Xestión Procesual e Administrativa que esté en servizo activo e que esté a ocupar o seu destino definitivo.
As persoas interesadas deberán solicitar a praza cubrindo o modelo de solicitude que se encontra no Anexo II, xunto cun informe da responsable da unidade ou centro de destino de orixe, así como calquer outra documentación necesaria para ser valorada.
O prazo para presentar as solicitudes é de 10 día hábiles, a contar desde o día seguinte a publicación da resolución. A instancia deberá ser asinada electrónicamente e enviada no prazo establecido por correo electrónico a seguinte dirección: mugeju.personal@justicia.es. A unidade de persoal da MUXEXU enviará un email de confirmación da recepción da documentación.
A persoa candidata seleccionada será aquela que reúna os requisitos máis idóneos dos establecidos para o seu desempeño, segundo a descripción recollida no Anexo I.
Consulta a continuación á resolución completa e os Anexo I e II:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal