CONVOCATORIA DAS PROBAS DE AVALIACIÓN DE CARÁCTER LIBRE PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS NO SEU NIVEL DE INICIACIÓN

Venres, 21 Feb 2025

Hoxe publicouse no DOG a resolución do 13 de febreiro de 2025 pola que se anuncia a convocatoria das probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) no seu nivel iniciación.

  • Solicitudes de participación e prazo de inscrición

1. As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT, https://cemit.xunta.gal, antes da finalización do prazo de inscrición.

2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

3. O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

4. Soamente se poderá presentar unha solicitude de inscrición por persoa participante e serán excluídas automaticamente aquelas persoas solicitantes que figuren inscritas en máis dunha localidade ou horario.

5. Unha vez que finalice o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base cuarta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas en cada unha das localidades na páxina web da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal), así como a listaxe de reservas e de excluídas.

  • Calendario das probas

As probas de certificación presencial desenvolveranse segundo o seguinte calendario.

Estas probas terán lugar nas dependencias das aulas CeMIT de cada localidade, nos días e nas horas que se relacionan, e co número de prazas dispoñibles que se corresponden coa capacidade de cada aula.

As localizacións físicas de cada aula pódense consultar na web https://cemit.xunta.gal/centros

– Convocatoria de abril (2, 3 e 4 de abril).

Consulta na seguinte ligazón a resolución completa publicada no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250221/AnuncioG0177-140225-0001_gl.html


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal