
CONVOCATORIA DE CURSOS PARA OBTENCIÓN DO CELGA E DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA NIVEL MEDIO E SUPERIOR

Nova convocatoria de cursos gratuítos para obter o certificado de lingua galega Celga e cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña. Estes cursos impartiranse en distintas tempadas e en distintas escolas oficiais de idiomas de Galiza (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa)
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática na ligazón https://www.eoidigital.com/preinslinguagalega. O proceso de inscrición non se considerará correctamente completado ata que as persoas seleccionadas presenten toda a documentación requirida, como se especifica no punto quinto da resolución: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240626/AnuncioG0761-200624-0001_gl.html
O prazo para a presentación das solicitudes será o seguinte:
– Desde o día 1 ata o 12 de xullo de 2024, para os cursos do primeiro cuadrimestre
– Desde o 11 ata o 22 de novembro de 2024, para os cursos do segundo cuadrimestre
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal