CONVOCATORIA DOS CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CELGA
Convócanse cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2026/27, nas escolas oficiais de idiomas de Galiza.
Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos ao persoal ao servizo da Administración pública de Galiza, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galiza; da Administración de xustiza, das entidades locais de Galiza, e ao persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (PTXAS) das universidades do SUG.
As persoas que desexen participar nos cursos convocados deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. O proceso de inscrición non se considerará correctamente completado ata que as persoas seleccionadas presenten toda a documentación requirida.
O prazo para a presentación das solicitudes será desde o do 2 ao 13 de novembro de 2026.
Para a adxudicación das prazas nos cursos, o día 16 de novembro de 2026 ás 10.00 horas. O día 17 de novembro, o alumnado poderá consultar no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega se foi admitido.
Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado deberá entrar de novo na aplicación para presentar a documentación seguinte:
– Unha copia do DNI ou NIE (esta non será necesaria se a persoa xa foi alumna desa escola). No caso de identificarse cun documento distinto do DNI ou do NIE, a persoa aspirante terá que realizar o trámite na secretaría da escola onde se matricule.
– O xustificante de ser persoal dunha das administracións públicas de Galiza en situación de servizo activo.
– Para o curso medio de linguaxe administrativa, algún dos certificados establecidos no número 3 do punto sexto desta resolución.
– Para o curso superior de linguaxe administrativa, algún dos certificados establecidos no número 4 do punto sexto desta resolución.
– Un certificado que acredite que a persoa se encontra nunha das circunstancias indicadas no número 4 do punto terceiro de esta resolución, de ser o caso.
– O certificado acreditativo do grao de discapacidade, de ser o caso.
O prazo para a presentación desta documentación será do 17 ata o 26 de novembro de 2026, para os cursos do segundo cuadrimestre.
- Datas de realización dos cursos: comezarán o día 18 de xaneiro de 2027 e rematarán o 4 de abril de 2027.
Amplía información na resolución da convocatoria: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260623/AnuncioG0761-150626-0001_gl.html
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cigxustiza.acorunha@gmail.com - Compostela:
604 042 377
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
josefinaiglesiasdelacampa@yahoo.es - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal