
DEFICIENCIAS NO REXISTRO CIVIL DE OURENSE

Desde a CIG, poñemos en coñecemento da Dirección Xeral de Xustiza, que a oficina do Rexistro Civil de Ourense contaba cunha máquina expendedora de quendas, co fin de axilizar e organizar mellor a atención dos/as respectivos/as usuarios/as. Esta máquina leva xa máis dun ano avariada co cartaz de "NON FUNCIONA" provocando conflitos entre os/as usuarios/as ao ter que facer longas colas para ser atendidos/as, sen que se garden correctamente as quendas.
A reparación ou substitución da máquina resulta imprescindíbel para poder dar un servizo de maior calidade os/as cidadáns e unha mellor distribución do traballo entre as distintas seccións do Rexistro Civil de Ourense, xa que suficiente atraso teñen coa lentitude do programa DICIREG.
Por todo isto, solicitamos da DXX que a maior celeridade posíbel arranxen a máquina de xestión de quendas ou cambien por outra máis moderna para evitar aglomeracións e disputas entre os/as usuarios/as que se achegan diariamente a oficina do Rexistro Civil.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal