
DENUNCIA POR HUMIDADES NA AUDIENCIA PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

A CIG, o 23 de novembro de 2022 denunciou a inundación sufrida na Audiencia Provincial de Pontevedra debido a choiva que se filtrou polo tellado. Esta circunstancia sumada a falta de mantemento do edificio agravou as humidades, sobre todo na Sección Cuarta.
No informe remitido polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais o 4 de decembro de 2018 correspondente a avaliación efectuada na Audiencia Provincial, xa se reflectía o problema de humidades en diferentes estancias, así como que entraba auga da choiva polas xanelas debido a que pechaban mal. A día de hoxe soamente cambiaron parte das xanelas do edificio xudicial e segue habendo filtracións de auga, que seguramente provén da cuberta do edificio, agravado pola inundación sufrida por mor da choiva o 23 de novembro de 2022.
Somos coñecedoras de que se está orzamentando as obras de reparación e rehabilitación do edificio xudicial, pero en tanto non se realizan, urxe a necesidade da reparación das humidades, principalmente na Sección Cuarta, despacho do presidente e secretaría, detectando de onde proveñen as filtracións e non facer un simple lavado de cara.
É sabido que existe unha relación entre humidade e enfermidades respiratorias. estudos realizados demostran esta relación de causa e efecto, traballar nun ambiente onde hai unha exposición a humidade aumenta nun 50 % a posibilidade de sufrir asma, unha 50 % tose, 44% asubíos ao respirar e un 52 % a aparición de síntomas do tracto respiratorio.
Por todo o exposto e en base ao Real Decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establece as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo, reiteramos a denuncia e solicitamos de maneira urxente se tomen as medidas oportunas en prol da saúde dos traballadores/as.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal