
DISTRIBUCIÓN DAS AULAS PARA O EXAME DE TRAMITACIÓN QUENDA LIBRE

Publícase na páxina web do Ministerio de Xustiza a lista coa distribución por aulas dos/as aspirantes que se presentan ao exame de Tramitación Procesual pola quenda libre o vindeiro sábado 28 de setembro.
Hora de chamamento: 9,00 horas (8.00 horas en Canarias)
Instrucións:
- Non poderán entrar no lugar do exame os familiares nin acompañantes, deberán permanecer fóra da Facultade.
- Non se expoñerán listas físicas no lugar do exame, xa que as listas son publicadas na web do Ministerio, polo que os e as opositores/as deberedes comprobar e anotar a aula que vos toca.
- Non se realizará chamamentos en voz alta, polo que os e as opositoras iredes entrando na aula, achegarédesvos a mesa onde estará o/a vixiante que comprobará o DNI e marcará na lista.
- Está terminantemente prohibido usar teléfonos móbiles, reloxos intelixentes ou calquera outro dispositivo electrónico, polo que se recomenda non levalos o día do exame.
- Debedes levar bolígrafo negro ou azul e o DNI ou pasaporte en vigor.
Accede a cada sede do Estado na seguinte ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/acceso-libre/tramitaci%C3%B3n-procesal-y-administrativa-acceso-libre-pjc642024
Para acceder a distribución das aulas en Galiza consulta as seguintes listas. Tede en conta que aínda que pon "sede exame" Coruña, é un erro, a sede é Santiago de Compostela.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal