
ENTRADA DE DICIREG NOS PARTIDOS XUDICIAIS DE NEGREIRA E NOIA

No día de hoxe publicáronse no BOE as resolucións da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, polas que se acorda a entrada en servizo efectivo da aplicación informática Dicireg nas Oficinas do Rexistro Civil do Partido Xudicial de Negreira e Noia.
Apróbase a entrada en servizo efectivo, nas oficinas do Rexistro Civil do partido xudicial de Negreira, que comprende a Oficina Xeral do Rexistro Civil de Negreira e as oficinas colaboradoras do Rexistro Civil de A Baña, Brión e Santa Comba, da aplicación informática denominada DICIREG, do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, que permite o funcionamento do Rexistro Civil conforme as previsións contidas na Lei 20/2011, do 21 de xullo, ás 00:00 horas do 27 de xaneiro de 2025.
Apróbase a entrada en servizo efectivo, nas oficinas do Rexistro Civil do partido xudicial de Noia, que comprende a Oficina Xeral do Rexistro Civil de Noia e as oficinas colaboradoras do Rexistro Civil de Lousame e Porto do Son, da aplicación informática denominada DICIREG, do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, que permite o funcionamento do Rexistro Civil conforme as previsións contidas na Lei 20/2011, do 21 de xullo, ás 00:00 horas do 3 de febreiro de 2025.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal