
ESCRITO SOLICITANDO A NEGOCIACIÓN DA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS AO MINISTERIO DE XUSTIZA

STAJ, CCOO e CIG seguimos esixindo ao Ministerio de Xustiza a negociación de todas as reivindicacións que nos levaron á folga do pasado ano
Remitimos un escrito conxunto solicitando a inclusión de novos puntos da orde do día nas próximas reunións da Mesa Sectorial
Para o próximo 28 de maio, convocouse a Mesa Sectorial da Administración de Xustiza con seguinte e único punto da orde do día:
- Negociación da proposición de lei orgánica de eficiencia do servizo público de xustiza.
Nas reunións do grupo de traballo sobre esta lei que se celebraron previamente o ministerio xa mostrou a súa nula vontade negociadora anticipando que non vai admitir ningunha das máis importantes propostas sindicais.
Por unha banda, négase a concretar nesta lei os centros de destino para manter as posibilidades reais de mobilidade voluntaria dentro da mesma localidade e négase tamén a garantir que non haberá procesos de mobilidade forzosa, nin destrución de emprego, nin perda de retribucións complementarias ou por gardas.
E, doutra banda, tamén se nega a negociar as funcións de cada corpo para recoñecer profesional e retributivamente as que realmente realizamos nin as novas funcións que se van a derivar das novas leis orientadas á eficiencia dixital, procesual e organizativa.
STAJ, CCOO e CIG conformamos a maioría da parte sindical da Mesa Sectorial o que, por Lei (art. 34.6 do TREBEP), outórganos o dereito para solicitar a negociación das materias que propoñamos, establecendo á súa vez o mesmo artigo a obrigación da Administración de iniciar as negociacións solicitadas por esta maioría da parte social no prazo máximo dun mes.
A insistente negativa do Ministerio de Xustiza a negociar as reivindicacións xeraron e manteñen o conflito laboral que iniciamos fai máis dun ano leváronnos a STAJ, CCOO e CIG a presentar o seguinte escrito ao Ministerio de Xustiza, que queda obrigado desde o día de onte en que rexistramos dito a escrito a iniciar a negoción das funcións, complemento xeral do posto e carreira profesional no prazo máximo dun mes antes mencionado.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal