FALTA DE INFORMACIÓN SOBRE AS MEDICIÓNS DE GAS RADON NOS EDIFICIOS XUDICIAIS

Venres, 14 Mar 2025

Con data 23 de maio de 2024 tivo lugar a xuntanza do Cómite de Seguridade e Saúde Laboral non que entre outros temas, e despois de moitos anos de solicitude por parte deste sindicato das medicións do RADON nos edificios xudiciais (tivemos que esperar á transposición da Directiva Europea), para empezar con as medicións, nos sotos e plantas baixas.

Con este fin, a Dirección Xeral, trasladounos un organigrama dos edificios xudiciais por onde se comezaría a medición do mesmo. (A Coruña TSXG, Audiencia Provincial e Ribadavia, Pontevedra: Audiencia Provincial e Marín).

A día de hoxe non temos información das medicións, soamente sabemos que xa fai tempo que se retiraron os botes para a avaliación do gas.

Tamén cabe sinalar, tal e como xa denunciaramos que as devanditas medicións non se fixeron nos sotos onde soen situarse os arquivos xudiciais, xeralmente sen ventilación, e onde realizan as súas actividades entre outras o persoal de Auxilio Xudicial.

Segundo o Real Decreto 1029/2022, do 20 de decembro no seu capitulo III exposición ao radon, artigo 75.1., débense medir os lugares de traballo cun alto potencial de radon aínda cos/as traballadores/as pasen menos tempo neles, tal como e o caso das plantas baixas e sotos (arquivos).

Por todo o exposto, SOLICITAMOS que se siga co organigrama de avaliacións do gas RADON no resto de edificios xudiciais, así como cos medidores do gas, que sexan colocados tamén nos SOTOS onde se ubican os arquivos xudiciais, tal como di a normativa.

 


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal