INCOMPRENSIBLE: A DIRECCIÓN XERAL CONFIRMA A SUPRESIÓN DUNHA PRAZA DE REFORZO NO XULGADO DE VIOLENCIA DE CARBALLO

Xoves, 29 Ago 2024

Onte a DX confirmou a decisión tomada hai unhas semanas de non renovar a partir do día 31 deste mes o reforzo dunha praza de tramitación concedido en decembro de 2022 ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución n.º 1 de Carballo, con competencias en VSM, por sobrecarga de traballo. A decisión é totalmente incomprensible, posto que o motivo da concesión segue a producirse na actualidade, se cadra con maior intensidade, porque os casos de violencia non diminuiron senón que e incrementaron. Por outra banda, a semana que ven unha praza queda desocupada pola concesión dunha comisión de servizo e en breve outras dúas persoas cesarán pola incorporación do persoal de novo ingreso do corpo de xestión. Isto significa que nos vindeiros dous meses a maior parte do cadro de persoal vai ser novo. E nin sequera iso se ten en conta para, sequera, agardar a suprimir o reforzo.

Este sindicato leva días intentando, sen éxito, que dende a DX se nos dea explicación desta decisión mais foi imposible. Ao parecer é unha cuestión orzamentaria pero nin sequera se dá razón dos criterios que se siguen á hora de suprimir uns reforzos ou outros.

Seguiremos insistindo para que esta praza de reforzo se recupere nun futuro próximo, pero o dano xa está feito. E parece que sempre ataca máis aos xulgados das vilas.

 


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal