INFORMACIÓN DA MESA DELEGADA NO MINISTERIO DE XUSTIZA

Venres, 04 Xul 2025

Reunión da Mesa Delegada da Administración de Xustiza, dependente do Ministerio.
Dentro da orde do día tratouse a renovación dos plans concretos de actuación de LAX.
O Xulgado de 1ª Instancia nº 7 da Coruña ven de ser incluído no plan de cláusulas coa encomenda da práctica de taxacións de custas pendentes, resolucións de impugnacións de custas e transferencias ao Tesouro Público. Así como mandamentos de devolución ao depositante de cantidades ingresadas en concepto de depósitos para recorrer (establecéndose un total de 300 actuacións mensuais das indicadas). A retribución proposta é de 770,28 euros mensuais.
O Ministerio pretende deixar de pagar as substitucións de LAX os días en que a persoa se atope gozando de permisos, licenzas, vacacións ou de calquera outra situación que exclúa a realización efectiva da substitución.

A CIG oponse a que se exclúa do pago nos casos de licenza por enfermidade, maternidade e paternidade.
Esiximos tamén que se inclúa no plan e polo tanto se retribúan as substitucións feitas polo persoal de Xestión Procesual e Administrativa nas Oficinas de Xustiza no Municipio.
Afirma tamén o Ministerio que as retribucións dos LAX polo plan de actuacións nos servicios comúns finalizan en decembro coa entrada da nova estrutura xudicial.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal