TÍMIDO AVANCE NAS NEGOCIACIÓNS DA LOEO

Xoves, 27 Xun 2024

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza que se convocou como continuación da negociación dos aspectos fundamentais da LOEO. Entre as novidades máis destacadas que tratamos hoxe na reunión está a apertura do Ministerio a aumentar a promoción interna de todos os corpos, incluído LAX, ao 50% das prazas da OEP, acrecentando a quenda libre as que non se cubran por este sintema.

Tamén considerou a reducción de efectivos mínimos para a creación obrigatoria das áreas, baixando de 15 a 12 xuizas. Aínda que é un acercamento queda lonxe da nosa proposta.

En canto ao proceso de acoplamento conseguimos que queden garantidas no texto as retribucións complementarias actualmemte percibidas, incluíndo Imelga, gardas, SCNE, servizo de apoio … No texto proposto polo Ministerio establecíase como preferencia para obter destino nesta fase de acoplamento o escalafón, finalmente conseguimos que se mudase este criterio polo antigüidade no centro de destino.

Para a vindeira semana haberá unha nova reunión na que o Ministerio pretende chegar a un acordo e no que anunciou que se incluirán outras cuestións como o teletraballo e o control horario para o persoal que actualmente non o ten establecido.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal