INFORMACIÓN MESA SECTORIAL COA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA

Martes, 04 Feb 2025

Despois de sete meses, este martes día 4  celebrouse unha Mesa sectorial coa Dirección Xeral cunha orde do día con 13 puntos a tratar. Dada a extensión, a Administración quixo darlle un carácter meramente informativo, aínda que pouca información se deu porque a Xunta anda moi perdida e ralentizada con respecto á gran transformación que a Lei de medidas aprobou para os órganos xudiciais. 

NEGOCIACIÓN DE COMPLEMENTO ESPECÍFICO

 A DX informa que está disposta a revisalo pero ten que avaliar o impacto orzamentario da nova lei.

Por parte da CIG insistimos en que é imprescindible vincular o incremento á implantación da nova organización das oficinas xudiciais.

BOLSA DE INTERINAXE

A pesares de que xa foi aprobado o proxecto polo CXPX, a DX amósase agora disposta  á supresión dos catro meses de conxelación. Á pregunta da CIG, a Admón confirma que non hai persoal que vaia ser cesado polo cumplimento dos tres anos traballados pola afectación da Lei 20/21

Modificación da Regulación das comisións de servizo e das substitucións por sentenza xudiciaL

Dado que hai presentado un incidente na execución dunha das sentenzas, segundo o que o Tribunal estime se procederá a manter a norma ou negociar unha nova, que é o que a CIG solicita dende hai tempo, unha normativa que cumpla co establecido no RD 1451/2005

Proceso de implantación do Novo Modelo organizativo en Galicia.

 Ao parecer vannos convocar en breve para tratar as rpts da fase 1. Sobre a reorganización do persoal pensan convocar primeiro concurso específico os postos singularizados e posteriormente farase unha reordenación voluntaria e subsidiariamente forzosa.

Vaise continuar con Minerva ata que se implante o programa Atenea polo Ministerio (parece que empezaría polos xulgados municipais). Tamén teñen que traballar na migración dos expedientes. Nos xulgados VSM prevese un incremento dun 9% da carga de traballo polas modificacións da nova lei, polo que vai resultar imprescindible ampliar o cadro de persoal.

Programa de obras e melloras en infraestruturas xudiciais. 

Informan que puxeron desfibriladores en distintos xulgados e contan con seguir instalando máis este ano. O mesmo cos arcos de seguridade. Contan cun orzamento dun millón de euros para obras menores en distintos edificios.

Creación de novas prazas de persoal funcionario nos orzamentos de 2025.  

Crearanse 22 prazas novas, previa negociación.

Teletraballo. 

Queren facer un modelo similar para todo o Estado e están en contacto entre as CCAA e o Ministerio para aprobar un convenio marco na  Conferencia sectorial que se celebrará o 3 e 4 de abril.

A CIG solicitou que mentres tanto se aplique directamente a Disposición Adicional 8ª da Lei de Medidas e que se retome o reparto dos ordenadores portátiles

Estado das convocatorias de prazas de acceso libre e promoción interna. Concurso de traslados. 

Como xa informamos, a adxudicación de prazas ás persoas aprobadas por  concurso de méritos será despois da resolución do concurso de traslados, igual que o concurso oposición.

Nova convocatoria 2025 da traxectoria profesional. 

Dado que a negociación na Administración autonómica está nos seus inicios, a DX esperará a que esta remate para negociar a  nosa.

Proposta de protocolo de acoso sexual. 

Propón facer unha mesa de traballo para sacar adiante o protocolo. A CIG volveu demandar que se implique a DX na aprobación dun protocolo marco conxuntamente co Ministerio que permita coñecer e resolver os casos que afecten a persoal de ambas Administracións.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal