INFORMACIÓN RELEVANTE DA MESA SECTORIAL DE MADRID

Xoves, 27 Feb 2025

Hoxe a CIG asistiu á Mesa Sectorial celebrada en Madrid para abordar as negociacións do Real Decreto polo que se adecúa o marco normativo regulamentario na entrada en vigor da LO 1/2025, de 2 de xaneiro.

Na Mesa trasladáronnos a seguinte información:

  • Procesos selectivos: promoción interna 2024, os exames celebraránse a finais de xuño, pero non hai data fixa aínda. Quenda libre, os exames celebraránse a finais de setembro, sen data fixa aínda.
  • Concurso traslados: segundo a Base Terceira da Orde PJC/51/2025, de 16 de xaneiro, pola que se anuncia o concurso de traslados ordinario GTA 2024, os servizos prestados en calidade de persoal funcionario/a interino/a computarase a efectos da súa valoración como mérito para a adxudicación dos postos de traballo anunciados. En base a isto, recolleron das Comunidades Autónomas transferidas e das Xerencias Territoriais de Xustiza ditos servizos. Como xa sabedes, neste concurso non sacan listaxe provisional, e dado que a novidade introducida neste concurso podería xerar disfuncións na resolución correcta do concurso, é necesario que ditos servizos sexan comprobados polos/as concursantes. 

Polo anterior, publícanse os servizos prestados en calidade de interino/a do persoal funcionario que participou no presente concurso.

Esos servizos refírense ao corpo para o que concursan exclusivamente. Non se contan os servizos prestados como persoal interino/a de outro corpo distinto.

No caso de que non estén dacordo co cómputo destos servizos deberán presentar un certificado de servizos previos no correo electrónico  concursos.admonjusticia@mjusticia.es   no prazo de cinco días hábiles desde o día seguinte a súa publicación na web, indicando no asunto do correo o seguinte: Comunidad Autónoma na que prestan servizos actualmente en propiedade, Corpo e Nif. Exemplo: CANARIAS_TRAMITACION_XXXXXXXXX

Non están reflexados os servizos prestados referidos as Comunidades Autónomas de Aragón, Madrid e Castela-A Mancha, os cales se incorporarán cando se reciban,e se lles dará o prazo correspondente desde a súa publicación. 

AMBITO TRANSFERIDO SERVIZOS INTERINA/O 2024

AMBITO MINISTERIO SERVIZOS INTERINA/O CONCURSO 2024


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal