INFORMACIÓN SOBRE A MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DO 10.06.25

Mércores, 11 Xun 2025

Este martes día 10 volvemos ter mesa sectorial coa Dirección Xeral para intentar seguir avanzando na implantación da Fase III do novo modelo de oficina. Pero resulta moi difícil unha negociación real das relacións de postos de traballo se por parte da Dirección Xeral segue sen dársenos os datos de carga de traballo nas que se basea para configurar a dotación dos diferentes servizos. E sobre todo a CIG manifestou a súa perplexidade porque os protocolos de actuación estean chegando dende hai un par de semanas aos Tribunais das vilas e a Dirección Xeral non teñan coñecemento oficial deles, segundo nos comenta. Parécenos unha falta de respecto cara o persoal da Administración de Xustiza.

Para a reunión do pasado día 2 facilitóusenos unha versión que para esta mesa foi modificada nunha segunda versión na que se introducen algúns cambios, como por exemplo incluír o persoal que actualmente está nos servizos de apoio nos futuros servizos común de tramitación en vez de nos servizos común xerais como facían na versión 1.

Ante as explicacións que se pediron, a Dirección Xeral manifestou que no Servizo de Execución calcularon unha rateo de máis ou menos 100 executorias por persoa tendo en conta as estatísticas dos anos 2023 e 2024, pero sen contar coa pendencia, polo que o sistema vai estar distorsionado nas localidades nas que esta sexa maior, como sucede en Ourense.

Na intervención da CIG voltamos a repetir aspectos básicos que xa se manifestaron na pasada reunión:

  • Estamos en contra de todas as LD, porque non só favorecen o enchufismo e privilexian a certas persoas á hora de conseguir prazas nas localidades, senón que poden supor que finalmente non haxa prazas para todo o persoal galego.

  • Hai que crear equipos sempre que se poida, e obrigatoriamente cando nun servizo común haxa máis de 50 efectivos.

En canto ao proceso de reordenación, a Dirección Xeral segue sen deixar claro como se vai desenvolver, ante a cantidade de dúbidas que aínda nos xorden e que nos impiden explicar claramente como vai ser o proceso, posto que resultará moito máis complexo que na Fase I. Ante esta situación ímoslle ir formulando casos concretos á DX para que nos faga aclaracións . En canto ás alegacións ao texto, a CIG solicitou que se contemple un criterio de adxudicación de postos ao persoal interino.

Tribunais de xustiza no Municipio

O Director Xeral informou da pilotaxe sobre a conexión dos Tribunais de Instancia cos do municipio que o día 2 de xuño se probou o día 2 de xuño en Cangas e Moaña, ao parecer con éxito, polo que ate o día 7 de xullo vaise ir implantando no resto dos municipios en base a un calendario que a DX quedou de trasladarnos.

 


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal