MESA DE FORMACIÓN 2024

Reunión mantida o 2 de novembro de 2023
Xoves, 02 Nov 2023

Hoxe tivo lugar mediante videoconferencia a reunión de formación sobre a Planificación do Programa específico de formación continua da EGAP do ano 2024 para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galiza.

Por parte da CIG, fixemos as seguintes propostas:

- curso Rexistro Civil

- aumentar os cursos de linguaxe xurídica e linguaxe administrativa galega, deben ofertarse tanto a funcionari@s destinados na comunidade autónoma como aos funcionarios destinados fóra dela, debendo ampliarse o número de edicións e o número de prazas nos mesmos.

- curso sobre lectura fácil- como adaptar o equipo a adaptación de lectura fácil, para que toda a documentación e tódalas resolucións que podan afectar ás persoas con discapacidade intelectual teñan plena comprensión.

- curso salas Gesell, que son, como funcionan, como realizar unha videoconferencia e o seu protocolo.

- primeiros auxilios (saber usar un desfibrilador, etc.). En relación a esta petición, a DXX comunícanos que non é competencia da EGAP senon do departamento de prevención co que manterá unha reunión para tratar este tema

- cursos informáticos como Excel- que se impartan  presencialmente,  e de non poder ser así , que sexan co mesmo contido pero de máis horas.

- curso de Word máis edicións

- curso de REAJ

- curso de Arquivo, maior número de edicións

- cursos sobre as ferramentas informáticas, que usamos a diario, ademais de teleformación que sexan  presenciais, podéndose facer nas salas da Xunta de formación, ou no caso de Lugo e Vigo, na sala disposta para isto, sobre todo para a xente que veña doutras comunidades no concurso de traslados ou interinos/as que nunca traballaron con estas aplicacións. Tamén que se fagan cursos presenciais  de reciclaxe cando saen novas versións

- curso presencial do manexo de equipos informáticos con cisco  Webex e cisco meeting, tanto de reciclaxe  como para @s auxilios que veñan de fora no concurso ou que nunca traballaron en Xustiza,  os cales se poden dar nas aulas da Xunta de formación ou no caso de Lugo e Vigo na propia sala que ten para estas funcións.

- curso sobre a aplicación de correos presencial con formadores/as dos propios xulgados, que xa se manexan perfectamente.

- curso específicos para Fiscalía sobre investigación penal (circular 2/2022).

- curso de ciberseguridade.

- curso sobre execución penal.

- máis edicións do curso de linguaxe de signos.

- curso sobre a reforma dos desafiuzamentos.

- curso sobre a reforma Lei Concursal.

- curso sobre igualdade.

- curso sobre acoso laboral.

- máis edicións do curso do expediente xudicial, tanto de teleformación como presencial,  xa que a xente que nunca traballou con el, non se manexa.

- curso sobre herdanzas.

- curso sobre Dereito Civil Galego.

Ademais de todo isto insistimos en:

- que os cursos sexan maioritariamente presenciais.

- que se impartan cursos de máis horas, como pode ser o de Prevención de Riscos laborais, etc.

- que os cursos que non podan ser presenciais se realicen  baixo o formato de webinarios.

- que para a realización do exame o horario sexa máis amplo, xa que ás 17:00 horas e unha hora problemática para a xente que ten fillos/as

Deixámosvos un resumo da reunión mantida:

Nós comezámola trasladando o rexeitamento total da retirada do teletraballo e das formas nas que se executou esa decisión. A DXX contesta alegando que non tiñan alternativa despois da circular informativa emitida polo Ministerio e trasládanos que a súa intención e seguir mantendo as VPN e que eles apostan polo teletraballo e que nos explicarán todo o vindeiro 8 de novembro que temos a reunión para tratar este tema. Informarémosvos de todo unha vez celebrada a mesma.

Centrándonos xa na materia a tratar, abordouse a problématica que levamos arrastrando anos, a carencia do número de prazas e edicións nos cursos de galego tanto para traballadoras/es de Galiza como para os/as que están fora. A resposta da DXX é que estes cursos son realizados entre a EGAP e Política Lingüística e que esta está tendo un problema coa carencia de persoal propio e que a bolsa de traballo coa que contan está esgotada. Ante este panorama a solución que presentan é que están a tratar co Centro de Estudos Xurídicos un convenio para que a través de aí se aumente o número de prazas nos cursos de galego para traballadoras/es fora de Galiza. Criticamos que non sendo un caso novo, que é algo que leva anos pasando a solución sexa tan precaria, quedando esquecidos/as as compañeiras de Galiza.

A DXX trasládanos que van crear cursos sobre malos tratos, Rexistro civil con módulos adicados a DICIREG e tamén van crear cursos específicos para Fiscalía tras a nova circular do 2/2022 sobre actividade extraprocesual do Ministerio Fiscal no ámbito da investigación penal. Están pendentes de recibir da dirección do IMELGA unha proposta de cursos específicos. Tamén se mencionou que sairían cursos específicos para notificación e embargos e para atención ao cidadá. Manteñen o curso de “Ferramentas do teletraballo”.

Comentouse a necesidade de sacar cursos das reformas lexislativas civís e penais, a DXX comenta que están cautelosos con este tema pola espera da formación do Goberno estatal, que se se van producir máis cambios nun corto período de tempo polo que non ten sentido sacar cursos sobre esa materia. En canto a necesidade da actualización dos modelos de Minerva, alegan que non é culpa de AMTEGA o retraso nesta cuestión, senón de que o Ministerio en colaboración con outra entidade retrasáronse en enviar os novos modelos causan un prexuízo nas traballadoras/es dos xulgados de Galiza, tendo que ser eles/as mesmos/as as que actualizaban os modelos.

Outra das propostas da DXX é eliminar os cursos impartidos no 2023 que non cheguen ao 1% da taxa de demanda, reducir o número de edicións nos cursos do ano 2023 que tiveron dúas edicións pero que a taxa de demanda non xustifique manter ditas edicións para o ano 2024, eliminar cursos que se impartiron durante varias edicións e que unha previsible reforma legal recomende non mantelos na proposta para o ano 2024, aumentar o número de edicións nos cursos do ano 2023 con taxa de demanda do 2% ou máis. Nós mostramos o noso rexeitamento a que a valoración da eliminación dos cursos sexa dunha anualidade, no 2023 igual a taxa en determinados cursos é baixa pero outro ano igual é alta, non pode ser a referencia para valorar isto un ano.

Tamén se tratou a posibilidade de establecer a preparación online de oposicións para as traballadoras/es de xustiza, tanto de promoción interna como quenda libre, comunicándonos que o ano pasado trataron este tema co Secretario da EGAP e había opcións tanto xurídicas como económicas para establecer a preparación online dos temarios e os exercicios das oposicións por promoción interna, non sendo viable para quenda libre. Pero todo ficou en nada ao cesar o Secretario da EGAP e non contar actualmente con ninguén neste posto. A DXX comprométese a que cando haxa novo/a Secretario/a volveran a retomar o tema.

Na mesa tamén se solicitou que desen traslado do orzamento destinado a formación.

O próximo luns van trasladar unha proposta de planificación de formación para o vindeiro ano 2024 e unha listaxe cos cursos en materias transversais que se realizan para todas as Administracións conxuntas, que poden facer as/os funcionarias/os de xustiza.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal