MESA SECTORIAL DE MADRID 21/04/2026
No día de hoxe tivo lugar unha reunión da mesa sectorial co obxecto de tratar a supresión do GRUPO IV de poboación e equiparar así o complemento xeral de posto do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza destinado nas OXM. A eliminación deste grupo foi un dos obxectivos acadados co acordo do 8 de xaneiro de 2025, xa que na actualidade os funcionarios dos corpos xerais que prestan os seus servizos nas oficinas de xustiza dos municipios galegos están a percibir uns 16€ menos con respecto ao resto do persoal.
Esta diferenza salarial deixa de ter xustificación coa nova configuración das RPTs, na que se prevé que estas oficinas presten apoio aos Tribunais de Instancia que son cabeceira dos partidos xudiciais. Iso si, antes é necesario que as OXM estean dotadas dos medios necesarios: equipos de videoconferencia, medios de transporte para os actos de comunicación, formación do persoal, sinatura dixital...
Isto non significa en absoluto que a CIG renuncie á súa reivindicación histórica de eliminar as diferenzas nos grupos de poboación. Seguimos pulando porque se incremente o importe do complemento xeral do posto, e que se contemple o posto da Secretaría da OXM como diferenciado pola especial responsabilidade que comporta, máis tendo en conta a futura regulación en materia de Rexistro Civil.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal