MESA SECTORIAL MADRID. A CIG CONSEGUE A LIBRANZA DESPOIS DA GARDA PARA TODOS OS XULGADOS DO PAÍS

Xoves, 12 Dec 2024

No día de hoxe a CIG asistiu á mesa sectorial convocada para negociar a equiparación dos períodos de descanso dos funcionarios/as que realizaran un servizo de garda aos tempos de libranza previstos para os/as Letradas/os da Administración de Xustiza na mesma situación. Sobre esta cuestión a CIG insistiu en que o texto que se aplique aos corpos xerais debe ser completamente idéntico ao dos letrados e letradas, xa que o que se nos remitiu previamente por parte do Ministerio non contiña as mesmas condicións.
Só se vería beneficiado destas libranzas aquel persoal que realiza gardas de permanencia, non de dispoñibilidade, polo que sería unha clara discriminación para os corpos xerais, xa que as letradas, independentemente de que vaian ao xulgado ou non estando de garda, teñen dereito a dita libranza. Polo que, a CIG manifestou que o criterio debe ser o mesmo para todos e todas. O Ministerio aceptou esta cuestión e asegurou que o texto ía ser exactamente igual o aprobado anteriormente para letrados e letradas. 
Tamén pedimos que se incluíra a libranza de tantos días como festivos haxa durante a garda, que os sábados teñan o mesmo horario que os festivos nas gardas de permanencia e que todo o mundo libre despois da garda, tamén nas gardas de permanencia, garantindo así que poidan librar aquelas persoas que son corpo único nun partido xudicial. 


Na mesa sectorial tamén se falou da implantación da Lei Orgánica de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza; a idea do Ministerio é comezar negociando as RPT`s das oficinas municipais, xa que é a propia lei a que indica que no prazo de 3 meses deben estar negociadas as RPT`s, pero isto non quere decir que vaian implantarse ditas oficinas de xeito inmediato, pois os primeiros xulgados que se van ver afectados polo acoplamento son os mixtos. En relación con isto, pasouse a falar do concurso de traslados, da pretensión do Ministerio de eliminar deste concurso aquelas prazas que estiveran afectadas pola primeira fase da implantanción, é decir, a eliminación de todas as prazas vacantes dos xulgados mixtos e dos xulgados de paz que hai nas vilas. A CIG volveu manifestar o seu total rexeitamento a esta lamentábel medida, xa que suporá eliminar unha porta de entrada a Galiza para moita xente e polo tanto obrigar ao persoal que xa leva moito tempo agardando por este concurso a estar máis tempo fóra da casa. Outra cuestión relevante con este punto, e que así expuxemos ao Ministerio, é que vai suceder con aquelas persoas que a día de hoxe se atopan en adscripción provisional e que a lei obriga a concursar. Solicitamos que regulen ben os casos das compañeiras que se atopen nesta situación, sobre todo no caso de lax substitutas.

Tamén voltamos a pedir que se valore toda a antigüidade na Administración de Xustiza, recalcando que se ten que baremar o tempo nas substitucións.

Ante este catastrófico concurso de traslados reclamamos ao Ministerio que informe favorablemente todas as comisións de servizos que o persoal pida para así poder moverse. O Ministerio acepta esta última cuestión.

A convocatoria do concurso está prevista para finais de ano ou primeira semana de xaneiro.

A información que nos deron sobre os procesos selectivos que temos pendentes é:

- A convocatoria da OEP 2024 xa está no BOE, publicarase entre o 19 e 20 de decembro. Para forenses e facultativos/as máis tarde.

- Os exames da OEP 2023, quenda libre, celebrados o 28 de setembro, xa están corrixidos. Hoxe estanse a celebrar os exames de incidencias e unha vez puntuados publicaranse todas as notas, en principio antes de que acabe o ano.

- Presentáronse bastantes recursos de alzada nos procesos de estabilización, que van a repercutir nas listaxes de aprobadas.

- Publicación estabilización só concurso méritos no BOE: XPA xa está enviada, o resto de corpos van despois. Concurso-oposición: queren telo tamén antes de que remate o ano.

- Concurso de médicos/as forenses e facultativos para xaneiro.

- Sobre LAX, temos Mesa o vindeiro luns.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal