
MESA SECTORIAL MADRID 18-11-2024

Hoxe día 18 a CIG asistiu á mesa sectorial do Ministerio convocada para analizar (porque non se pode considerar negociar) a orde de convocatoria de procesos selectivos para acceso ao corpo de Letrados/as da Administración de Xustiza, quenda libre e promoción interna, pertencente ás Ofertas de Emprego Público de 2023 e 2024. Como novidades con respeto a anteriores convocatorias, o Ministerio eliminou a reserva de nota para a próxima convocatoria, argumentando que debido ao cambio substancial no temario derivado da aprobación da LOEO (por exemplo cos medios alternativos de valoración de controversias) quedaría de todos os xeitos sen efecto e xeraría unhas falsas expectativas. Ademais, elimina das bases a esixencia de que no concurso-oposición non pasen á segunda fase máis persoas aprobadas que prazas ofertadas. Actualmente existe un grave problema porque as bases da OPE do 22 si contemplan esa esixencia, sendo a primeira vez en anos que ocorre que a fase de oposición é aprobada por máis persoas que prazas; o Ministerio, interpretando as bases, non permitiu o acceso á fase de concurso a todos/as os/as aprobados/as senón ao número xusto de prazas. Isto non é por suposto un concurso-oposición e así se lle transmitiu, quedando a Administración en contestar para a semana que ven sobre o destino desas persoas.
A CIG primeiramente, antes de facer as alegacións correspondentes , preguntou pola situación das 96 prazas que foran ofertadas a concurso no proceso de estabilización; concurso que foi anulado por sentenza xudicial. O Ministerio afirmou que non tiña pensado facer nada porque xa as daba por perdidas. A CIG amosou o seu máis profundo rexeitamento por esa medida que non respecta o establecido na Lei 20/21 e que supón un agravio comparativo, quedando o Ministerio en mirar de recuperar esas prazas para un concurso-oposición. De todos os xeitos, este sindicato insta a aquelas persoas que botaron a instancia para o concurso anulado que soliciten a devolución da taxa aboada.
Ademais, este sindicato manifestou que:
- Dada a previsible publicación da convocatoria con posterioridade á aprobación da LOEO, solicitamos que se aplique a porcentaxe do 50 % das vacantes para promoción interna que contempla a reforma da LOPX.
- Debera permitirse a participación polas dúas quendas, ao que o Ministerio aludiu a existencia dunha sentenza antiga que interpretou iso como un trato discriminatorio para aquelas persoas que só poden acceder por libre, polo que non o van considerar
- Solicitamos asimesmo que se amplíen os supostos para a realización de exames de incidencias, incluíndo causas graves de saúde
- Tamén que se elimine o segundo exercicio da promoción interna ou polo menos que se mude por un exame escrito de carácter práctico, cumprindo así o acordo acadado en Mesa Xeral. O Ministerio di que si se está a considerar un cambio na promoción interna pero non nesta convocatoria.
- Cremos que debe eliminarse a fixación polo tribunal da nota mínima esixida, establecendo o cincuenta por cento da nota máxima, como sucede en corpos xerais.
- En cumprimento de varias sentenzas, debe preverse o pagamento de dietas polo desprazamento a facer os exercicios en promoción interna
- En canto ao temario de quenda libre, hai que suprimir as referencias aos recursos de infracción procesal e en interese de lei (temas 52 e 53).
Máis información sobre o corpo de llax
- Nas vindeiras semanas, antes de fin de ano, publicarase a reforma que elimina a perda do posto de orixe do corpo de xestión para aquelas persoas que sexan nomeadas letradas substitutas. Esta modificación viña contemplada no acordo asinado pola CIG co Ministerio no marco de negociación da LOEO.
- En breve tamén aparecerá na web do Ministerio a posibilidade de acceder en tempo real á consulta das bolsas de letrados/as substituto/as
- A que está bloqueada por Facenda é a reforma do RD con respeto á retribución das substitucións.
- Prevese que a publicación do concurso de traslados sexa en decembro, incluíndo seguramente a posibilidade de que todo o persoal do corpo de letrados/as de terceira categoría poida concursar dada a reforma que vai acometer con respeto a esa categoría a LOEO.0
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal