
CONCENTRACIÓNS POLO DEREITO A UNHA XUBILACIÓN DIGNA

Nos últimos meses os medios de comunicación veñen publicando informacións sobre xuntanzas no Ministerio de Seguridade Social para facer cambios en materia de pensións sobre a xubilación parcial e os coeficientes redutores para anticipar a idade de xubilación.
Temos que denunciar que estas negociacións se están a dar de forma escurantista e ilegal, no chamado diálogo social, fóra dos organismos oficiais de representación institucional tripartita, sen respectar os dereitos de representación que temos centrais sindicais máis representativas e maioritarias, como a CIG.
Estamos ante unha nova reforma das pensións, cando hai 14 meses da última, na cal se aumentaron a 29 os anos para o cálculo da pensión; unha reforma que se veu sumar á feita no 2011, acelerando todas elas a caída progresiva das pensións que vimos padecendo nos últimos anos, e que vai camiño xa do 25% de perda na contía da pensión a cobrar, por causa da ampliación da idade de xubilación dos 65 aos 67 anos e do aumento do período de cálculo dos 15 aos 25 anos. Trátase dunha baixada das pensións xeneralizada que, no caso das mulleres, afonda máis a fenda de xénero.
Para máis información preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal