
MODIFICACIÓNS NAS RPT DE FERROL E NOVA MESA SECTORIAL

A DXX convocounos a unha nova mesa sectorial para o vindeiro 17/06/25 para continuar negociando as relacións de postos de traballo dos centros afectados pola fase III (aqueles que entran en vigor a partir do 31 de decembro), o proceso de reorganización de efectivos e as bases do proceso do concurso específico.
Coa convocatoria trasladáronnos os novos borradores das RPT que teñen modificacións relevantes con respecto aos anteriores.
Na cidade de Ferrol consíguese, tras as nosas alegacións, que se creen equipos xa que é a única cidade de Galiza que non ten áreas diferenciadas. A DX no novo borrador propón a creación de dous equipos dentro do Servizo Común de Tramitación, un equipo sería de civil, familia, mercantil, contencioso-administrativo e social e outro equipo de penal. Nós reclamamos que haxa polo menos 3 equipos. Tamén aumenta unha praza de tramitación no rexistro civil da cidade, o cal solicitamos na última mesas sectorial. Polo que, o rexistro civil quedaría co seguinte cadro de persoal: 2 prazas de xestión, 3 de tramitación e 1 de auxilio.
Outra cuestión pola que seguiremos loitando é porque non se elimine unha praza do corpo de xestión e outra de auxilio con respeto ao persoal que actualmente está no servizo de actos de comunicación, insistiremos en que se manteñan e que se faga un equipo propio de actos de comunicación cunha xefatura de equipo de xestión e outra de auxilio, co que se estruturaría de xeito semellante ás localidades de Santiago de Compostela, Lugo e Pontevedra.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal