GRAZAS AO ACORDO ECONÓMICO ESTATAL NESTE MES ESTARIAMOS A PERDER XA UN 1,3% DE PODER ADQUISITIVO
Hoxe demóstrase mellor ca nunca a necesidade dunha Cláusula de Garantía Salarial, asegurada por Lei, para os salarios do persoal empregado público.
Hoxe sabemos que o acordo asinado por UXT, CCOO e CSIF, leva a afondar no empobrecemento dos salarios públicos, e que (polo momento...) hoxe perderíamos un 1,3% de poder adquisitivo en 2026 grazas ao seu acordo de actualización salarial.
Hoxe cómpre lembrar o debate no Parlamento de Galiza arredor da PNL presentada pola @galiza.cig para camiñar cara esa Cláusula de Garantía Salarial, rexeitada cos votos en contra do PSOE e PP. Agradecemos a Iago Tabarés e ao BNG a defensa desta iniciativa promovida pola CIG e por máis de 5.500 sinaturas de traballadoras e traballadores públicos.
Para máis información preme nas ligazóns:
https://www.instagram.com/reel/DWYcJvSjCUb/?igsh=YmJ2eWRzMnZteHNj
https://www.facebook.com/share/v/1BtgJvEChj/
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal