
NOMEAMENTO E ADXUDICACIÓN DE DESTINOS XESTIÓN PROCESUAL QUENDA LIBRE

Acaba de publicarse no BOE e no DOG o nomeamento das persoas que superaron o proceso selectivo e a adxudicación dos destinos.
A resolución da Dirección Xeral de Xustiza publicada no DOG dí que o persoal funcionario do corpo de xestión procesual e administrativa ao cal se lle outorga destino nesta resolución deberá tomar posesión do seu cargo no correspondente departamento territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, dentro do prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido no artigo 29 do citado real decreto, e no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Non será necesario que o persoal funcionario destinado en virtude desta resolución, que pertenza xa ao corpo de tramitación procesual e administrativa ou auxilio xudicial e que opte por continuar en activo nalgún dos ditos corpos, se desprace a tomar posesión ao posto de traballo adxudicado; abondará con que, dentro do prazo de toma de posesión sinalado no punto primeiro, comunique a dita opción, se for o caso, á xerencia territorial correspondente ou ao órgano competente das comunidades autónomas con traspasos recibidos, para os efectos da declaración da excedencia voluntaria prevista no artigo 506.d) da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial. Unha copia da resolución pola que é declarado en situación de excedencia voluntaria será remitida ao Rexistro Central de Persoal da Subdirección Xeral de Acceso e Promoción do Persoal ao servizo da Administración de xustiza.
En caso de que o persoal funcionario opte por ingresar no corpo de xestión procesual e administrativa e queira evitar un baleiro na continuidade dos seus servizos na Administración de xustiza, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectuar a toma de posesión, poderá solicitar da xerencia territorial ou do órgano competente da comunidade autónoma correspondente ao seu destino como funcionario/a do corpo de tramitación procesual e administrativa ou auxilio xudicial, un permiso retribuído dun día se non hai cambio de localidade, ou de dous en caso contrario, agás aqueles/as que teñan que se desprazar desde Canarias, Baleares, Ceuta ou Melilla, caso en que o permiso poderá ser de ata tres días para tomar posesión no seu novo cargo. Estes días considérase hábiles e a toma de posesión no novo destino efectuarase durante os días de permiso indicados.
No caso de que o/a funcionario/a proceda do ámbito de competencia doutra xerencia territorial ou de comunidades autónomas que recibisen o traspaso de medios persoais, deberá remitirse a devandita documentación a estes órganos para que lle concedan de oficio a situación de excedencia voluntaria no corpo de tramitación procesual e administrativa ou auxilio xudicial e o cesamento automático coa mesma data en que se produza a toma de posesión no corpo de xestión procesual e administrativa, co obxecto de evitar interrupción na percepción dos seus haberes.
O persoal funcionario interino que actualmente ocupe prazas que sexan adxudicadas ás persoas aspirantes aprobadas cesará o mesmo día en que se produza a toma de posesión da persoa titular.
O persoal funcionario do corpo de xestión procesual e administrativa a que se outorga destino en virtude desta resolución, aínda que fose destinado con carácter forzoso pola orde de cualificación segundo as súas preferencias, non poderá participar nun concurso de traslados ata que transcorran dous anos desde a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos observarase o establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.
No caso do persoal funcionario do corpo de xestión procesual e administrativa a que se outorga destino naquelas prazas que teñen a consideración de adxudicación provisional, conforme se detalla no anexo I, este deberá participar, no ámbito territorial de Galicia, no primeiro concurso de traslados que se convoque.
A continuación as resolucións completas publicadas no BOE e no DOG:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal