NOTA INFORMATIVA CONXUNTA SOBRE MESA SECTORIAL DO 3 DE MARZO

Mércores, 05 Mar 2025
NOTA INFORMATIVA DOS SETE SINDICATOS DE XUSTIZA
 
RESULTADO DA REUNION DA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DO 3 DE MARZO
 
Ante a negativa da DXX de presentar unha oferta económica para mellorar as condicións laborais das/os traballadoras/os da xustiza galega, na Mesa sectorial que tivo lugar hoxe tódalas Organizacións Sindicais por unanimidade acordamos:

A negociación do CAT vai cronoloxicamente por diante da negociación das RPT.
Os motivos polos que se toma esta decisión son porque tódalas organizacións sindicais vímolo pedindo desde hai meses e, ademais, así se fixo no resto das Comunidades Autónomas.
Entendemos a urxencia da negociación da Nova Oficina Xudicial e polo tanto, INSTAMOS á Administración a que presente unha proposta retributiva concreta do Complemento Transitorio, futuro Complemento Específico, no PRAZO DE QUINCE
DIAS.

Unha vez que se alcance o correspondente acordo retributivo, as OOSS non se negan en ningún momento á negociación da NUMO e as RPT.

 
Polo tanto, mentres non se alcance devandito acordo NON SE INICIARÁ NINGUNHA OUTRA NEGOCIACIÓN POR PARTE DOS SINDICATOS.
 
Presentamos escrito do acordado por todos os sindicatos ante a Consellería de Xustiza, a Consellería de Facenda e ante a Dirección Xeral de Xustiza.

Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal