NOTA INFORMATIVA SOBRE A MESA SECTORIAL EN MADRID

Mércores, 29 Mai 2024

Onte, martes 28 tivo lugar unha nova reunión do Ministerio coas organizacións sindicais presentes na mesa sectorial (CSIF,STAJ,CCOO, UGT, ELA e CIG) para seguir abordando a reforma da LOPX por medio da Lei orgánica de medidas para a eficiencia organizativa del servicio público de justicia.

A Administración facilitou documentación con aquelas propostas da parte sindical que si ía aceptar (as menos) e aqueloutras que non ou polo menos non tal e como se solicitaba. Por outra banda, introduciu modificacións non prantexadas por esta parte, como a desaparición da denominación de “unidades de tramitación”, pasando agora a oficina xudicial a estar composta por servizos comúns ( de tramitación, de actos de comunicación, de execución de resolucións,etc….). É dicir, todo o persoal de xulgados e Audiencias Provinciais pasaría a pertencer ao servizo común de tramitación.

En xeral a Administración non acolle as reivindicacións que para nós supoñen unha liña vermella para poder aceptar a proposta:

- establecen como destino o conxunto de servizos comúns de tramitación dunha localidade, fixando o establecemento de equipos a partires de 100 traballadores/as

- non establecen o mínimo do 50% das prazas da OPE para promoción interna

 Se ben di non estar pechado a negociar os puntos do documento, hai temas que se nega a abordar neste momento, tal e como lle vimos demandando dende hai tempo. De feito, como vos informamos hai uns días, a maioría sindical formada por CCOO, STAJ e CIG solicitamos, ao abeiro das facultades que nos confire a Lei de Función Pública, que se negocien as funcións, a carreira profesional e a suba do complemento xeral do posto. Mais  non parece que o Ministerio teña intención de mudar a súa actitude e sigue teimando en que “iso non toca agora”. Pero nós si cremos que o marco da modificación da LOPX é no que deben abordarse precisamente estes temas e, polo tanto, perseveraremos no intento.

Dada a intención manifestada polo Ministerio de seguir negociando, quedamos convocados/as para o vindeiro mércores día 5, posto que ademais non hai aínda data de peche do trámite de presentación de emendas parlamentarias. 


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal