
NOVA OFERTA DE POSTOS EN COMISIÓN DE SERVIZOS
Acaba de publicarse Resolución da DXX pola que convocan novos postos en comisión de servizos.
Poderá participar o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo). Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es
As solicitudes irán acompañadas co informe, preceptivo e non vinculante, da persoa responsable do órgano, servizo ou unidade no que se atope destinado o persoal funcionario solicitante. No caso de que o órgano correspondente non emita informe, deberá acreditar que o solicitou.
Consulta resolución completa aquí:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal