NOVA PÓLIZA DE SEGURO DE ACCIDENTES

PARA O PERSOAL DA XUNTA DE GALIZA
Venres, 01 Set 2023

A Xunta de Galicia, a través de AXA Seguros Generales S.A. de Seguros y Reaseguros, e coa mediación de AON Iberia Correduría de Seguros y Reaseguros S.A., ten contratada dende o 1 de xullo de 2023 unha póliza de accidentes para o persoal ó seu servizo.

O custo da mesma é soportado integramente pola Xunta de Galicia (Consellería de Facenda e Administración Pública) e, polo tanto, é de carácter gratuíto para o seu persoal. A continuación detállanse as súas características.

Este seguro ten por obxecto a cobertura das enfermidades profesionais ou accidentes que poida sufrir o colectivo asegurado tanto durante o exercicio das súas ocupacións profesionais, como fóra do traballo, en calquera parte do mundo.

Enténdese por accidente, toda lesión corporal sobrevida ó asegurado, independentemente da súa vontade e por mor dunha causa fortuíta, momentánea, externa e violenta, que poida producir directamente algunha das consecuencias seguintes:

a. -Falecemento

b. –Gran Invalidez, Incapacidade Permanente absoluta, total ou parcial.

Expresamente inclúe a cobertura de falecemento e incapacidade derivada de infarto de miocardio, infarto cerebral e calquera enfermidade vascular en todos os casos, aínda que non sexan declarados como accidente laboral polos organismos oficiais e xurisdiccionais competentes nas súas resolucións ou sentenzas.

Garantías e capitais:
-Falecemento por accidente: 49.000.-€
-Gran Invalidez, Incapacidade Permanente Absoluta, Incapacidade Permanente Total por accidente: 49.000.-€
-Incapacidade Permanente Parcial: Baremada cun máximo 49.000.-€

Independentemente do anterior, o persoal da administración autonómica pode unilateralmente ampliar coberturas desta póliza de accidentes, subscribir unha póliza de vida ou ambas.

Se precisas máis información podes premer nos seguintes enlaces:

Diptico Explicativo

Manual sobre a tramitacion de accidentes

Poliza Xunta - AXA


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal