NOVIDADES DO CONCURSO DE TRASLADOS CONVOCADO PARA OS CORPOS XERAIS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

Venres, 24 Xan 2025

As principais novidades que se contemplan no concurso de traslados convocado son: 

1º ANTIGÜIDADE: agora tense en conta o tempo traballo como interino/a. Pero non polo tempo traballado nunha substitución como xa reclamamos en numerosas ocasións ao Ministerio.  Polos servizos efectivos prestados como funcionario/a de carreira ou interino/a no corpo ou escala para o cal participa outorgaranse dous puntos por cada ano completo de servizos, e computaranse proporcionalmente os períodos inferiores (0,00555556 por día). Para estes efectos, os meses consideraranse de trinta días e ata un máximo de 60 puntos.

Para iso sumarase, ao tempo de servizos prestados como funcionario/a de carreira segundo o seu escalafón, o tempo de servizos prestado como funcionario/a interino/a, ambos os períodos de tempo referidos ao corpo ou escala para o cal participa.

O desempate, a igualdade de tempo de servizos efectivos, efectuarase mediante o número de escalafón como funcionario/a de carreira.

Cada xerencia territorial de xustiza ou comunidade autónoma transferida cubrirá un ficheiro excel, relativo ao persoal funcionario que participe no concurso e que estea a prestar nese momento os seus servizos no ámbito territorial da xerencia ou comunidade autónoma indicadas, cos datos de NIF e número de días totais como persoal funcionario interino, e este tempo computarase segundo as regras establecidas no primeiro parágrafo desta base.

2º PRAZO PRESENTACIÓN INSTANCIAS: é de 7 días hábiles, a contar dende o día seguinte a publicación no BOE, é dicir, dende o 27 de xaneiro até o 4 de febreiro.

As solicitudes faranse de forma telemática a través do asistente de inscrición na seguinte ligazón de AINOA: https://aplicacionainoa.justicia.es/asistenteinscripcion/GTA. Para acceder deberedes identificarvos por algún dos sistemas que se ofrecen: dni electrónico, certificado dixital, Cl@ve Pin ou Cl@ve permanente.

3ª NON HABERÁ RESOLUCIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO: Dado que a implantación dos tribunais de instancia na súa primeira fase debe estar finalizada en xullo de 2025, faise necesario que o proceso deste concurso finalice coa antelación suficiente para reflectir todos os traslados que se produzan no sistema Aino@, polo que a fase provisional será omitida, e pasará a resolverse de forma definitiva de forma coordinada cos órganos competentes das comunidades autónomas con competencias transferidas.

4º RENUNCIA: O prazo para renunciar será exclusivamente durante os dez días hábiles subseguintes ao remate do prazo de presentación de instancias.  Pero non se poderá realizar a través do asistente de inscrición, pois xa estará pechado a modificacións, polo que enviarán asinado e escaneado o anexo IV (modelo de alegacións), a través do correo electrónico concursos.admonjusticia@mjusticia.es, e confirmarase a súa recepción a través dunha mensaxe de resposta coa palabra «Recibido». No caso de que non teñan constancia da dita resposta, deberán envialo novamente. Ao enviar o correo electrónico, indicarán na epígrafe «Asunto» RENUNCIA, nun único f icheiro, o cal terá a denominación de apelidos, nome, NIF e modelo de instancia da persoa interesada, co seguinte formato PEREZ PEREZ_LUÍS_00000000K_ V1

Dentro do período de inscrición pódense xerar e confirmar tantas instancias como se desexe, tendo en conta que só terá validez no concurso a última instancia presentada, é  dicir, que unha vez gravada e confirmada a primeira instancia, cada nova acción realizada (nova instancia gravada e confirmada, ou renuncia á participación no concurso) anulará a acción realizada anteriormente, polo que quedará activa unicamente a última. Pero unha vez se publique a resolución definitiva do concurso de traslados non hai opción a renunciar.

5º DATA DE CESE: Virá indicada na resolución definitiva do concurso de traslados.

6º O persoal funcionario do corpo de xestión procesual e administrativa que se encontre ADSCRITO PROVISONALMENTE, con anterioridade ao 24.12.2024, por cesar como letrada substituta ou letrado substituto, desfrutará de dereito preferente para ocupar, a primeira vez que se anuncien a concurso, postos de traballo xenéricos na localidade onde se encontre adscrito, segundo o establecido no artigo 70.3 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, e non perderá a preferencia se, unha vez transcorrido o prazo de presentación de instancias, volve ser nomeado letrada substituta ou letrado substituto. Se non pode chegar a ocupar tales postos de traballo por concorrer a eles con outro persoal funcionario tamén con dereito preferente, continuará en situación de adscrición provisional ata que se lle poida adxudicar posto de traballo definitivo en virtude da súa participación nos sucesivos concursos e solicitude neles de todas as prazas vacantes na localidade de adscrición.

De non pedir a preferencia indicada, non participar no concurso ou non solicitar todas as prazas vacantes do anexo I da localidade en que se encontre adscrito, mesmo cando non fose anunciada a praza en que se encontre adscrito provisional, derivando diso a non obtención de posto de traballo, será destinado, polo órgano competente da comunidade autónoma transferida ou do ámbito do ministerio en que estea adscrito, con carácter definitivo a calquera dos postos non adxudicados

7º Con relación ao persoal funcionario ADSCRITO PROVISONALMENTE destinado nalgunha unidade organizativa dentro dos partidos xudiciais afectados pola primeira fase de implantación e axuste dos tribunais de instancia, en virtude da Lei orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do servizo público de xustiza, non terá a obriga de concursar, xa que as prazas que deberían solicitar non se anuncian neste concurso, polo que permanecerá na situación de adscrición provisional. Con todo, aquel persoal que desexe concursar poderá facelo e, en caso de non obter destino, seguirá en situación de adscrición provisional.

As prazas ofertadas en Galiza para os corpos de xestión, tramitación e auxilio son as seguintes:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal