NOVIDADES: PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN, CONCURSO TRASLADOS, ADXUDICACIÓN DESTINOS XESTIÓN QUENDA LIBRE

Martes, 17 Set 2024

Hoxe estamos asistindo en Madrid a Mesa Sectorial convocada para o comezo das negociacións das bases das vindeiras convocatorias de oposicións. Nesta Mesa Sectorial presentouse a nova Directora Xeral para o Servizo Público de Xustiza, Verónica Ollé Sesé, a cal se ofreceu ao diálogo nesta nova etapa.

Ademais, acaban de informarnos das seguintes cuestións:

.Concurso de méritos: O Ministerio tiña pensado publicar a resolución este mes. Debido ao recurso xudicial, que está pendente de votación e fallo, hai que agardar a sentenza e será Función Pública previo informe da Avogacía do Estado quen, en fase de execución, terá que decidir sobre o futuro do proceso selectivo. Se decaese a oferta de emprego público, caería todo o proceso selectivo.

.Concurso-oposición: Están a valorar os méritos pero non poden dar unha data concreta de publicación. XPA está pendente da corrección do terceiro exercicio.

.XPA libre: O Ministerio xa ten lista a publicación da adxudicación de destinos pero varias CCAA pediron que se adiase ata despois do día 28 polo que se publicará pasada esa data.

.Concurso de traslados: Convocarase en outubro e xa se valorará todo o tempo traballado no corpo para o que se concursa con independencia do vínculo (titular ou interino). Está pendente de decidir se tamén se valorará o tempo servido en substitución.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal