
NOVO COMUNICADO DO CXPX SOBRE O CÓMPUTO DE PRAZOS DEBIDO AO APAGÓN

A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial, por razóns de forza maior, á vista do apagamento eléctrico sufrido o 28 de abril en España e, como continuación ás decisións adoptadas anteriormente, acordou o seguinte:
Primeiro.- Suspender durante os días 28 e 29 de abril de 2025 os prazos previstos nas leis procesuais nos órganos xudiciais de toda España.
Esta suspensión non impedirá a válida realización de actos procesuais urxentes e inaprazables ou para a tutela de dereitos fundamentais, ou aqueles que poidan celebrarse con plenitude de garantías.
Segundo.- Cada órgano xurisdicional valorará, en función das circunstancias concretas, a conveniencia de suspender vistas e actos procesuais sinalados para o día de hoxe. A inasistencia de avogados, partes ou persoas obrigadas a comparecer presumirase xustificada.
Terceiro.- Sen prexuízo do seguimento que se realizará ao longo do día de hoxe, mañá a Comisión Permanente reunirase novamente para valorar a conveniencia de prorrogar estas medidas ou acordar outras en función das circunstancias.
Cuarto.- O presente acordo adóptase pola Comisión Permanente por razóns de urxencia, do cal se dará oportuna conta ao Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial para a súa posterior ratificación na primeira sesión que este celebre, iso a teor do disposto no artigo 57 do Regulamento 1/1986, de Organización e Funcionamento do Consello Xeral do Poder Xudicial.
Para máis información preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal