O ACORDO DE INVESTIDURA ENTRE O BNG E O PSOE INCLÚE TRES NOVOS XULGADOS DE VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Na reunión que tivemos no mes de xuño con Néstor Rego o sector de Xustiza da CIG xa lle trasladou a necesidade de crear xulgados especializados e comarcalizados
Luns, 06 Nov 2023

O acordo de investidura asinado polo BNG co PSOE inclúe entre os seus puntos a modificación da Lei integral contra a violencia de xénero e a LOPX a fin de poder considerar os delitos sexuais contra as mulleres como violencia de xénero e ampliar o número de xulgados de violencia de xénero en Galicia, e, en concreto, de maneira urxente, en Santiago de Compostela, Lugo e Ourense.

Na reunión que tivemos no mes de xuño con Néstor Rego o sector de Xustiza da CIG xa lle trasladou a penosa situación na que se atopan os xulgados de todo o país con esas competencias e a necesidade de crear xulgados especializados e comarcalizados.

Alegrámonos da creación inmediata deses tres órganos pero solicitamos que a medida non quede aí e se creen o segundo xulgado exclusivo na Coruña e Vigo, así como un no  resto de cidades galegas con competencias comarcalizadas, liberando así aos xulgados mixtos dos pobos, que son, en grande medida, os que en peor situación están por falta de medios materiais, estruturais e persoais.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal