O MINISTERIO QUERE REMATAR A NEGOCIACIÓN DAS RPTS DA FASE I A SEMANA QUE VEN. E A DIRECCIÓN XERAL...QUE ESTÁ A FACER??

Xoves, 20 Feb 2025

Este martes tivo lugar a terceira das reunións co Ministerio para negociar as rpts das localidades do seu ámbito incluídas na Fase I de acoplamento derivada da aprobación da Lei 1/2025.

O Ministerio aceptou varias das propostas sindicais e recuou nalgunhas das decisións que tomara. Por exemplo, eliminouse a forma de provisión de libre designación para os/as Encargados/as de RC, aceptou que aparezcan estes na rpt da oficina do RC cando o posto sexa compatible coa oficina xudicial e tamén poñer código GU (realización de gardas) a todas as prazas das localidades pequenas.

Con respeto ás oficinas de xustiza no municipio (OXM), actuais xulgados de paz, o Ministerio manifestou que van manter a compatibilidade en todas e en todos os corpos, co compromiso de que nin dende a Secretaría de Coordinación nin dende a Dirección dos Tribunais de Instancia se vai mandar facer traballo ata que ATENEA (sistema que se vai instalar neles antes do mes de xullo) non leve uns meses funcionando e se poida ver aí a carga de traballo de cada un. A CIG solicitou que se defina en que consiste a compatibilidade e a que a tarefas afectaría, así como que se faga de xeito simultáneo á análise da carga de traballo e que esta sirva tamén para dimensionar o cadro de persoal, incrementándoo no caso de que os datos indiquen esa necesidade.

A CIG solicitou asimesmo:

- que se creen servizos comúns xerais nas localidades con tres prazas xudiciais ou máis

- que, tal e como se acordou co Ministerio, se elimine o Grupo IV de poboación

- que se especifiquen as prazas que leven violencia de xénero e as que teñan como tarefa sair á rúa a facer actos de comunicación, comportando un complemento específico máis alto

O Ministerio quere rematar a negociación das rpts da Fase I do seu ámbito a semana que ven. E mentres, a Dirección Xeral,,,que fai? Nada se sabe nin de avaliación de postos, nin de borradores de rpt nin nada….. Dende a reunión do día 4, onde se nos pasaron uns modelos de referencia desactualizados, non tivemos máis noticia, sendo que Galiza está moito máis atrasada que o Ministerio no proceso: mentres nese ámbito hai que facer un acoplamento aquí temos que facer un proceso de reordenación e redistribución de efectivos.

A CIG solicita á DX que poña xa data ao comezo das negociacións no seno dun grupo de traballo, tal e como se quedou na mesa do pasado día 4 de febreiro


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal