
OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS COMDIX

Hoxe pubicouse no DOG a Resolución do 6 de agosto de 2024 pola que se anuncia a convocatoria do Programa de autoformación e das probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix no seu nivel de iniciación.
CALES SON OS REQUISITOS?
Poden acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por ningún proceso de selección, todas aquelas persoas que cumpran cos seguintes requisitos:
• Ser maiores de 16 anos.
• Estar dadas de alta como usuario/a da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal).
O acceso aos contidos pode realizarse en calquera momento e estarán dispoñibles permanentemente na plataforma de teleformación https://formacion-cemit.xunta.gal
Cada persoa determinará libremente as actividades formativas en que quere inscribirse e o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas.
O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de certificación reguladas no anexo II nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.
Así mesmo, a realización total ou parcial do itinerario formativo non dá dereito á expedición do certificado de competencias dixitais (ComDix), que se obterá unicamente pola superación da proba de certificación regulada no anexo II.
COMO PRESENTAR A SOLICITUDE?
As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web do CeMIT https://cemit.xunta.gal
Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
O prazo para a inscrición estará aberto para as dúas (2) edicións a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e irase pechando secuencialmente para cada unha das edicións co obxecto de permitir que as persoas interesadas que non resulten seleccionadas na primeira edición poidan inscribirse na seguinte convocatoria:
• Edición de outubro: ata o 18 de setembro, inclusive.
• Edición de novembro: ata o 18 de outubro, inclusive
A continuación podes consultar a resolución completa
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal