OFERTA COMISIÓN DE SERVIZO NO IMELGA

Xoves, 20 Feb 2025

Publicouse Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de posto de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza.

Solicitantes
Poderá participar o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que se atope en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover.

O persoal funcionario que á data da publicación desta convocatoria estea desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución, poderá participar na convocatoria sempre que leve máis de seis meses na comisión de servizos ou substitución respectiva.

Prazo e modo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo).
Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución do 21 de marzo de 2022 modificada pola Resolución do 2 de setembro de 2024 e pola Resolución do 10 de outubro de 2024.

ANEXO I
Postos ofertados

Xefe/a de sección área de patoloxía forense

1. Características do posto:
Código do posto: XG9251820015001311.04

Centro de destino: Instituto de Medicina Legal de Galicia (IMELGA). Subdirección territorial da Coruña.

Forma de provisión: Concurso específico de méritos.

2. Funcións
As previstas nos artigos 15 e 16 do Decreto 119/2005, do 6 de maio (DOG 18/05/2005), polo que se crea o Instituto de Medicina Legal de Galicia.

3. Requisitos de participación
Corpo: Médico Forense.
Situación Administrativa: en activo.
Experiencia profesional: 5 anos como médico forense.

4. Formación específica

Coñecementos e experiencia en patoloxía forense. Coñecementos de informática: sistemas operativos, tratamentos de texto, folla de cálculo, base de datos, Internet e correo electrónico.

Consulta a continuación a resolución completa:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal