PERSOAL TEMPORAL: O MINISTERIO ESTUDA A MODIFICACIÓN DA LOPX PARA LIMITAR OS NOMEAMENTOS

Venres, 09 Mai 2025

O Ministerio convocounos a unha reunión o vindeiro luns día 12 para trasladarnos as modificacións que propoñen da LOPX para limitar o nomeamento de persoal temporal. Prantexan cambios nos arts. 451 sobre letrados/as e 489 e 489 bis sobre corpos xerais, así como unha disposición transitoria única.

As liñas principais son:

  • Limitación temporal no caso de cobertura de vacantes a un máximo de dous anos, establecendo a obrigatoriedade de incluir esas prazas nas ofertas de emprego público correspondentes aos exercicios nos que se produzan so nomeamentos.

  • Establecemento de compensacións económicas de 20 días por ano no caso de incumprimento de prazos previstos ou fraude de lei

  • Non se poderá nomear ata pasados seis meses a aquelas persoas que acumulen un período total que supere os dous anos de traballo.

  • Nega a posibilidade de que estas circunstancias dean lugar ao recoñecemento da condición de funcionarios/as de carreira.

  • En corpos xerais, o nomeamento de reforzos será por un prazo máximo de nove meses dentro dun período de 18.

A Disposición transitoria establece que os nomeamenos actuais en vacantes continuarán até a cobertura do posto ou como máximo cando transcurran tres anos da entrada en vigor da reforma, pero as coberturas por outras causas que xa estean en vigor á entrada da lei si que se rexerán por ela.

Darémosvos información do que derive da mesa do luns.

A CIG, ÚNICA VOZ GALEGA NO MINISTERIO!


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal