
PÉSIMO FUNCIONAMENTO DOS ASCENSORES DA CIDADE DA XUSTIZA DE VIGO

Desde o traslado dos primeiros Xulgados á Cidade da Xustiza de Vigo, en outubro do 2022, detectouse o mal funcionamento dos catro ascensores de uso público para o acceso aos dezaoito andares de que está composto o edificio xudicial, un feito que provocou hai uns días que unha funcionaria quedase atrapada durante máis de quince minutos, así como que o pasado día 23 de abril quedaran inhabilitados tres dos catro ascensores principais, co problema que isto conleva tanto para os/as usuarios/as que acceden ao edificio como para os traballadores/as.
Parécenos inconcibíbel que co pouco tempo que levan funcionando os ascensores principais xa se estean producindo repetidamente fallos nos mesmos, así como que entendemos que nun edificio de tanta envergadura é clave a rapidez no tempo de reparación dos mesmos.
É por iso que dende a Central Sindical CIG solicitamos unha revisión dos ascensores principais do edificio xudicial, en aras dunha maior accesibilidade dos/as usuarios/as e traballadores/as, así como que se faga efectiva en todos os ascensores dos edificios xudiciais galegos, a nova normativa Técnica Complementaria ITC AEM, a cal entrará en vigor en xullo, sendo para a súa aplicación a Xunta de Galiza colaboradora coa Asociación Empresarial Galega de Ascensores, na cal destaca as novas medidas mínimas de seguridade que se suman ás xa existentes, destacando a obrigatoriedade da comunicación bidireccional en cabina.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal