
PRIMEIRA CONVOCATORIA DE ACTIVIDADES DA EGAP

A Escola Galega de Administración Pública convoca 170 actividades de formación continua e 6.699 prazas correspondentes ao primeiro semestre do ano 2025 para o persoal ao servizo da Administración xeral de Galiza, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.
Persoas destinatarias: o persoal empregado público destinado na Administración xeral de Galiza, nas entidades públicas instrumentais enunciadas no apartado a) do artigo 45 da Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galiza e na Administración institucional. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galiza e bombeiros; e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo de Galiza.
Matrícula: desde ás 9:00 horas do 21 de febreiro de 2024 ata ás 14:00 horas do 27 de febreiro na área de matrícula. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal