PROCESO DE REORGANIZACIÓN DO PERSOAL AFECTADO POLA FASE I

Luns, 19 Mai 2025

A DXX remitiunos hoxe por correo electrónico a proposta definitiva respecto do proceso de reorganización do persoal afectado pola Fase I. 

Algún dos puntos destacados deste texto definitivo son: 

1. O proceso de reorganización da fase I seguirá a seguinte orde:

A. Provisión de postos de traballo polo procedemento de confirmación.

B. Identificación de postos de traballo que non se cubriron na fase anterior, que serán provistos polo procedemento de reordenación de efectivos.

C. Provisión dos postos de traballo que non se cubriron nas fases anteriores, que serán provistos por reasignación forzosa. 

2. Persoal dos xulgados de paz: será confirmado de oficio de forma automática no novo posto correspondente das oficinas de xustiza do municipio. A estes efectos, enviarase a cada persoa funcionaria o acordo de confirmación no posto. 

3. Persoal dos decanatos e dos xulgados de primeira instancia e instrución (agás o persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa e de tramitación procesual e administrativa dos xulgados con competencia en Rexistro Civil): será confirmado de oficio de forma automática no servizo común de tramitación da localidade. A estes efectos, enviarase a cada persoa funcionaria o acordo de confirmación no posto correspondente. 

4. Persoal dos corpos de xestión procesual e administrativa e de tramitación procesual e administrativa dos xulgados con competencia en materia de Rexistro Civil: confirmarase nas oficinas xerais de rexistro civil de oficio de forma automática ao persoal que na actualidade este desempeñando esas funcións. O resto do persoal do mesmo corpo será confirmado no servizo común de tramitación. A estes efectos, enviarase a cada persoa funcionaria o acordo de confirmación no posto correspondente. Para o caso de que que non poida ser confirmada ningunha persoa funcionaria seguirase o establecido para a reordenación de efectivos e despois reasignación forzosa.

5. Mediante a reordenación de efectivos cubriranse os postos que non se cubriron na fase anterior. En concreto, afectará aos postos de xestión e de tramitación procesual dos xulgados con competencia en materia de Rexistro Civil, cando non se poidan cubrir previamente mediante confirmación. Ofertaranse os postos da oficina xeral do rexistro civil e do servizo común de tramitación correspondentes ao seu centro de destino, e no seu caso, decanato, que sexan vacantes, que se adxudicarán tendo en conta a maior antigüidade no centro de destino e en caso de empate a antigüidade no corpo. No caso de que teñan a mesma antigüidade no corpo, acudirase ao escalafón. As resolucións polas que se convocan os procesos de reordenación publicaranse na intranet de Xustiza e na páxina web da consellería. 

Tamén nos informan en dito correo que na próxima semana, está previsto comezar a remitir os oficios coas confirmacións de postos.

Accede na ligazón ao texto definitivo:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal