
PROGRAMA ANUAL VACACIÓNS 2024

Ven de publicarse o novo plan anual de vacacións para este ano 2024. Modifícanse as tempadas quedando do seguinte xeito:
Os prazos para solicitar as vacacións serán:
Vacacións de verán: até o 31 de maio
Vacacións de nadal: até o 15 de decembro
Resto do ano: até o 15 do mes anterior
A concesión das vacacións estará condicionada ao respecto das porcentaxes de permanencia no centro de traballo que se especifican na táboa. Sen prexuízo do anterior, manterase a presenza dun/dunha funcionario/a de cada corpo, dentro dos especificamente destinados no centro de traballo, agás naqueles centros que xa posúan menos de dous/dúas funcionarios/as de cada corpo. Nestes últimos deberán establecerse as correspondentes quendas. En todo caso, o persoal integrante ou que deba integrar as quendas dos servizos de garda non poderá solicitar o gozo das vacacións se no expresado período ten que prestar este servizo.
Para consultar o documento completo preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal