
PRÓXIMA MODIFICACIÓN DAS COMISIÓNS DE SERVIZO E DAS SUBSTITUCIÓNS

No día de onte a Dirección Xeral comunicounos que vai proceder a modificar as Ordes de comisións de servizo e substitucións co mesmo texto que facilitou hai unha semana, cando nos daba un prazo de tres días para alegacións. É dicir, deulle igual o que se lle contestou porque non modificou nada. A publicación no DOG é xa para este mércores día 16.
Por parte deste sindicato solicitaramos no prazo concedido que se convocara a Mesa Sectorial antes de proceder á modificación, porque cremos que é un tema de moita importancia e debe ser tratado alí. Xa que hai que mudar as Ordes para executar unha sentenza deberíase facer co maior consenso posible, porque despois veñen os problemas.
Noutros temas a Administración non se dá tanta présa para executar os mandados xudiciais.
Desde a CIG seguimos solicitando que se atenda a nosa petición e se convoque unha Mesa sectorial para abordar a problemática e darlle a mellor solución posible
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal