
PUBLICACIÓN CONCERTO SANITARIO MUXEXU E CONCESIÓN PRAZO EXTRAORDINARIO CAMBIO ENTIDADE MARZO

Hoxe publicouse no BOE a resolución de 7 de marzo de 2025, da Mutualidade Xeral Xudicial, pola que se publica o concerto para o aseguramento de acceso a asistencia sanitaria no territorio estatal ao colectivo protexido pola mesma durante os anos 2025 e 2026.
Publícase o texto do Concerto subscrito para a asistencia sanitaria das persoas titulares e beneficiarias da MUXEXU durante os anos 2025 e 2026, coas seguintes entidades de seguro:
– ASISA.
– Segurcaixa Adeslas.
– Nueva Mutua Sanitaria del Servicio Médico.
Apróbase, tamén, un prazo extraordinario de cambio de entidade prestadora de asistencia sanitaria no que todas as persoas mutualistas titulares poderán solicitar, por unha soa vez, até o 31 de marzo de 2025, un cambio de entidade médica a unha das entidades de seguro adxudicatarias do concerto coa Muxexu para os anos 2025 e 2026 (Segurcaixa Adeslas, ASISA o Nueva Mutua Sanitaria).
Este cambio, que non será anulábel, producirá efectos o primeiro día do mes seguinte ao que finalice o prazo establecido. O cambio solicitarase pola persoa titular, ou aquela debidamente autorizada que acredite a representación, na Delegación da Muxexu no ámbito que pertenza ou a través da Sede Electrónica de este organismo.
Os prazos para os cambios de entidade, de carácter ordinario, poderán realizarse unha soa vez o ano, no mes de xaneiro, sen prexuízo da habilitación extraordinaria contemplada para o ano 2025, tal e como se prevé na cláusula 1.4 do texto do Concerto.
Consulta a resolución completa publicada no BOE na seguinte ligazón: https://www.boe.es/boe/dias/2025/03/14/pdfs/BOE-A-2025-5091.pdf
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal