PUBLICACIÓN DA ORDE DE CONFECCIÓN DE NÓMINAS DO PERSOAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA 2025

Martes, 21 Xan 2025

No día de hoxe publicouse no DOG a Orde pola que se ditan as instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2025.

Apróbanse as seguintes instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2025, en aplicación da Lei 4/2024, do 27 de decembro:

Contía das retribucións do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galiza

1. Conforme o disposto no artigo 25 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galiza para o ano 2025, o persoal funcionario dos corpos ao servizo da administración de xustiza que desempeñe as súas funcións no ámbito das competencias da Comunidade Autónoma de Galiza percibirá as retribucións que se determinen na Lei de orzamentos xerais do Estado, así como na demais normativa que lle sexa aplicable.

2. No anexo XIX desta orde recóllense as contías das retribucións e dos complementos recoñecidos para o persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galiza.

3. O persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza que teña recoñecido o complemento adicional da traxectoria profesional previsto nos acordos do Consello da Xunta do 25 de xuño de 2020, do 3 de novembro de 2022 e do 8 de febreiro de 2024, percibirá os importes previstos no anexo XIX bis, en doce pagas de percepción mensual.

O pagamento do complemento recoñecido en virtude do Acordo do 8 de febreiro do 2024, producirase de maneira progresiva en tres anualidades; para o ano 2025, o pagamentoo producirase aplicando unha porcentaxe do 66 %.

4. Os importes das retribucións do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza que non figuren incluídos no anexo XIX, pero que estean recoñecidos expresamente na normativa aplicable, coincidirán coas vixentes en 31 de decembro do 2024.

Accede a seguinte ligazón para consultar a Orde completa: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250121/AnuncioG0597-170125-0001_gl.html


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal