
PUBLICACIÓN DAS NOTAS DO 3ºEXERCICIO XESTIÓN CONCURSO-OPOSICIÓN

Publícase na páxina web do Ministerio de Xustiza a listaxe definitiva de notas do terceiro exercicio do proceso selectivo para ingreso ao corpo de xestión procesual e administrativa, polo sistema de concurso oposición, derivado da Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a reducción da temporalidade no emprego público.
O Tribunal Cualificador acorda finalizar a fase de oposición publicando a relación definitiva de persoas que superaron a fase de oposición e acorda proceder a iniciar a fase do concurso do proceso selectivo.
FASE DE CONCURSO: Concédese un prazo de 10 días naturais, dende o día 25 de outubro ao 3 de novembro de 2024, ambos incluídos, para presentar exclusivamente a documentación establecida no ANEXO II-B, apartado B (Historial Profesional), que comprende os apartados B1 e B2. Esta documentación será enviada por todos/as os/as opositoras/es por medios telemáticos, a través da ligazón que se inclúe a continuación: https://pubwebseal.justicia.es/sap/public/sap/bc/webdynpro/sap/zasistente_co_gt a_acceso#
Criteiros interpretativos de valoración que establece o Tribunal Cualificador Único con relación aos méritos do apartado B (Historial profesional) do ANEXO II b): Apartado B (Historial Profesional): neste apartado valorarase os cursos recibidos e acreditados nos últimos 10 anos e até a data de finalización do prazo de presentación de instancias, dende o 30-1-2013 ao 30-1-2023.
Non se considerarán os seguintes cursos de formación: Apartado B-1 (Cursos de formación de carácter xurídico)
- Cursos de intelixencia emocional (excepto que poidan considerarse de saúde laboral con contido xurídico. Os e as opositoras terán que aportar o programa do curso para a comprobación de estos extremos).
- Cursos de atención ao cidadá, habilidades comunicativas, cartelería (excepto que sexan cursos de atención a víctima do delito).
- Cursos de cooperación ao desenvolvemento
- Cursos de xestión de PYMES e similares
- Participación en xornadas (salvo os expedidos polo Ministerio de Xustiza), simposios, seminarios e similares.
- Máster e outros títulos académicos.
- Algúns cursos indican unha equivalencia en créditos e a mención específica de que son validables con materias das ensinanzas do sistema educativo español, ou son conducentes a obtención dun título universitario. Neste caso, a persoa opositora debe presentar certificado académico de que non se validou dito título como créditos universitarios ou créditos ECTS (“European Credit Transfer and Accumulation System”), ou ben a xustificación de que se solicitou dita certificación (se non dera tempo a presentar a certificación en prazo, presentarase na fase de alegacións). Se non se presentara a xustificación non será valorado dentro de este mérito.
- Apartado B-2 (Cursos de formación en informática) - Non se consideran cursos de informática os de mecanografía por ordenador. - Os cursos de igual ou similar contido só se valorarán unha vez
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal