PUBLICACIÓN DOS CADROS MÉDICOS DAS ENTIDADES PRIVADAS PARA O 2025

Xoves, 23 Xan 2025

Publicáronse na páxina web da Mugeju os cadros médicos correspondentes as entidades ASISA, NUEVA MUTUA SANITARIA E SEGURCAIXA ADESLAS.

Como xa informamos anteriormente, hai a posibilidade dun primeiro cambio en xaneiro de 2025 e É MOI IMPORTANTE que as personas mutualistas adscritas actualmente a DKV, SANITAS ou MAPFRE soliciten o cambio de entidade médica en XANEIRO, posto que ditas entidades non prestarán asistencia sanitaria ás/os mutualistas a partir do 1 de febreiro de 2025.

En febreiro, excepcionalmente, poderá volver a solicitarse o cambio de entidade médica, podendo elexir entre:

  • INSS (sistema público de saúde)
  • ASISA
  • NUEVA MUTUA SANITARIA
  • ADESLAS

Lembramos que a solicitude realízase a través da sede electrónica da páxina da Mugeju seleccionando a opción Online e de seguido "Iniciar trámite". No apartado "Tipo de cambio de entidad médica" escóllese "Cambio ordinario de entidad médica (enero)", a continuación elixides a opción que consideredes máis oportuna e finalmente aceptades "Declaro que los datos consignados son ciertos". Ao rematar a solicitude xérase un xustificante.

Unha vez realizada a solicitude en febreiro esta xa non pode ser modificada, polo que cando se realicen debe terse en conta isto e estar completamente seguro/a da entidade médica que se quere escoller.

A CIG reafirma a súa aposta pola sanidade pública. As entidades privadas operan baixo a lóxica empresarial, procurando maximizar os seus beneficios única e exclusivamente, mentras que a sanidade pública o único obxectivo que ten é o acceso universal e equitativo aos servizos sanitarios para toda a cidadanía.

Desde o sindicato insistimos que a posibilidade do paso de todo o funcionariado ao sistema público non pode ser realizado con improvisación e sen garantir os dereitos do persoal funcionario, nin este pode provocar maiores tensións das que actualmente sofre o sistema público. Debe existir un plan transitorio para estudar esa posibilidade e cun incremento de fondos públicos con carácter finalista para o SERGAS e as outras entidades públicas autonómicas que garanta que se destine unha maior dotación de profesionais sanitarios e de medios que reforcen unha sanidade pública.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal