
RESPOSTAS DA DIRECCIÓN XERAL A PREGUNTAS SINDICAIS SOBRE O PROCEDEMENTO DE REORDENACIÓN

No día de hoxe celebrouse un grupo de traballo co obxectivo de facer preguntas concretas que nos xorden ás organizacións sindicais sobre o proceso de reordenación na Fase III. Nuns días mandaránnos as contestacións por escrito, pero imos adiantando o que se comentou na reunión:
- PERSOAL DO SERVIZO DE APOIO
A preguntas da CIG, a DX explicou que como algunhas prazas van ir para o SCX e outras para a SCTI, este persoal ou vai todo para o Servizo Común Xeral ou para a reordenación de efectivos, onde se terá en conta a antigüidade no centro de destino, o SC Apoio. Non se van confirmar no posto no que actualmente están.
- PERSOAL XULGADOS DE INSTRUCIÓN CON VSM
A preguntas da CIG, a DX di que quere confirmar a este persoal nas prazas que teñen código VSM, non nas que teñen código GA, pero é materia de negociación e non está pechada a decisión.
- PERSOAL XULGADOS DE GARDA
Tampouco está decidido definitivamente se o persoal que fai gardas se vai confirmar directamente no código GA dentro da área penal
- REORDENACIÓN
O persoal que faga máis dunha función (tramitar, executar, rexistrar…) vai a reordenación; o que só faga unha, segundo certificado do letrado ou letrada actual, confirmarase no SCTI ou SCEX
A confirmación automática darase só cando o número de persoas destinadas na actualidade sexa menor ou igual ao que se propón
- TEMPO EN COMISIÓN DE SERVIZOS OU SUBSTITUCIÓN
Non se terá en conta máis que o tempo onde se teña o posto como titular e computarase dende a toma de posesión ( a este respeto a CIG solicitou que fose dende a resolución de nomeamento, porque senón produciríanse situacións discriminatorias)
- PERSOAL DO DECANATO
Con carácter xeral, o persoal do Decanato confirmarase no SCX
- ÁREAS QUE INCLÚAN MÁIS DUNHA XURISDICIÓN
Neste caso, a antigüidade que van ter en conta é no centro de destino (xurisdición e localidade) na que estás agora, é dicir, se estiveches en máis dunha das que inclúe a área só che computa a xurisdición actual.
- OURENSE
Vaise dotar dunha procentaxe maior o SC Execución que noutras vilas, polo que vai ser piloto para medir o dimensionamento destes servizos no país
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal