
REUNIÓN DO COMITÉ DE SEGURIDADE E SAÚDE

Hoxe xoves día 5 celebrouse unha reunión do Comité de Seguridade e Saúde na que se aprobou o regulamento do Comité de intervención do protocolo de acoso laboral; asimesmo creouse un grupo de traballo para afondar no texto do protocolo de acoso sexual.
Con respecto aos protocolos volvemos a insistir que ten que haber unha interrelación entre as funcionarias da admón de xustiza e o resto de operadores xurídicos que convivimos no mesmo espazo, e ás veces con dependencia orgánica e funcional, para que sexa efectivo.
En canto á cidade da Xustiza de Vigo, a Administración trasladou que o día 17 de setembro celebrarase unha reunión con axentes externos (policía, bombeiros…) para preparar e fixar a data dun simulacro, así como que o día 26 se realizarán as acción formativas dirixidas aos grupos de acción que xa están nomeados.
Tamén se nos informou da instalación de arcos de seguridade próximamente en Ordes, Betanzos, Sarria e Carballiño. Desde a CIG solicitamos que se inclúa tamén a do edificio xudicial de Monforte. Preguntamos pola situación da negociación co Concello de Padrón para a ubicación do arquivo, ao que a Administración contestou que non hai avances. Por outra parte, tamén denunciamos a problemática térmica dos xulgados de Viveiro, no que o aparato de frio ten saída a unha fiestra que ten que estar aberta.
Tamén solicitamos, por enésima vez, a reparación da máquina expendedora de quendas do Rexistro Civil de Ourense, así como o cronograma da instalación de desfibriladores, que según contestación da Administración van empezar a poñelos nas vilas de catro xulgados.
A DXX remítenos as datas e os edificios nos que os técnicos do Laboratorio de Radon de Galicia realizarán as visitas para a instalacións dos dispositivos de medición de Gas Radon, segundo o facilitado polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais:
É MOI IMPORTANTE que estes detectores permanezan durante un mínimo de tres meses e non deberán ser cambiados de sitio nin ser manipulados.
O 10 de setembro de 2024:
- Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
- Audiencia Provincial da Coruña. (antiga fabríca de tabacos)
O 11 de setembro de 2024:
- Audiencia Provincial de Pontevedra
- Edificio Xudicial de Marín
O 12 de setembro de 2024:
- Audiencia Provincial de Lugo
- Edificio Xudicial de Ribadavia (Ourense)
O 13 de setembro de 2024:
- Audiencia Provincial de Ourense.
O 16 de setembro de 2024:
- Edificio Xudicial de Noia
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal