SEMANA DE MOBILIZACIÓNS NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

O CONFLITO CONTINÚA E HABERÁ MOBILIZACIÓNS EN TODA ESPAÑA
Luns, 22 Abr 2024


1.- O martes 23, concentracións de traballadoras e traballadores nos centros de traballo das grandes poboacións.

2.- O xoves 25, concentración de delegadas e delegados sindicais de todos os territorios fronte ao Ministerio de Xustiza.

3.- O sábado 27, gran manifestación en Madrid con traballadoras e traballadores de toda España.

As mobilizacións están convocadas por STAJ, CCOO e CIG, sindicatos con presenza na Mesa Sectorial de Xustiza que seguimos reclamando a subida do COMPLEMENTO XERAL DO POSTO en contía equiparable á do corpo de LAJ e eliminando os GRUPOS DE POBOACIÓN, o recoñecemento profesional e retributivo das FUNCIÓNS que realizamos, a CARREIRA PROFESIONAL e a garantía na Lei de Eficiencia de CENTROS DE DESTINO concretos que siga permitindo a elección do posto de traballo impedindo a mobilidade funcional e xeográfica forzosa.
CCOO, STAJ e CIG emprazamos para que se unan a estas mobilizacións a todas as organizacións sindicais que non teñen representación na Mesa Sectorial de Xustiza Estatal e xa estamos a celebrar reunións con algunhas delas, que xa confirmaron o seu apoio ás mobilizacións que lles agradecemos, para coordinar a súa participación conxunta nos territorios en que son representativas. Todos aqueles que non aceptaron a chantaxe do Ministerio na súa estratexia de dar por pechada a negociación do complemento xeral de posto son benvidos a esta mobilización.
Instamos a todos os compañeiros e ás compañeiras a que se unan e acudan ás mobilizacións que temos convocadas e ás futuras mobilizacións que seguiremos convocando desde esta maioría sindical no caso de que o Ministerio siga sen atender as nosas lexítimas reivindicacións que son as que comparte a inmensa maioría do persoal da Administración de Xustiza de todos os ámbitos territoriais, aínda que haxa dous sindicatos que aceptasen que o Ministerio lles haxa deixado tirados.
ESTA É A REALIDADE:

• O Ministerio de Xustiza tratou por todos os medios ao seu alcance de acabar co conflito do persoal da Administración de Xustiza, negando ou dilatando unha e outra vez a solución aos puntos da plataforma reivindicativa da folga.

• O 20 de marzo todas as organizacións sindicais que subscribimos a plataforma reivindicativa, incluído Csif e non así UXT que xa abandonara a unidade de acción, concentrámonos, unha vez máis, en Madrid fronte ao Ministro Bolaños.

• Todas as veces que o Ministerio propuxo unha saída parcial ao conflito global que afecta a 45.000 traballadores, a resposta sindical unitaria, incluída a dos sindicatos asinantes, sempre foi que NON ata o día 21 de marzo en que sentaron a negociar na mesa do ámbito transferido mentres STAJ e CCOO manifestabámonos ás portas do ministerio.

• Xustificar que o acordo asinado vai na liña dos recentes acordos asinados por todos os sindicatos noutras Comunidades Autónomas é mentir porque eses acordos nada teñen que ver coas reivindicacións da folga.

A negociación, tras ao acordo asinado, é agora moito máis difícil. Estamos a velo nas reunións, o Ministerio segue negando o incremento do Complemento Xeral do Posto e segue sen aclarar se vai negociar ou non as funcións, a carreira profesional ou o teletraballo; a negociación do proxecto de lei de eficiencia non avanza pois o Ministerio segue sen dicir se acepta ou non algunha das nosas reivindicacións máis importantes. Por iso necesitamos toda a forza na mobilización para reverter a situación, pero sen recorrer, como fixeron CSIF e UXT, a manipulacións, que din unha cousa e fan outra, que se poñen ao lado do Ministerio contra os intereses colectivos de todo o persoal da Administración de Xustiza, que xustifican os seus actos con enganos e enciman pretenden convencer aos traballadores que somos os outros os que rompemos a unidade sindical que eles abandonaron.

O CONFLITO CONTINÚA E APELAMOS A TODAS E CADA UNHA DAS TRABALLADORAS/ES A QUE SECUNDEN AS MOBILIZACIÓN QUE CONVOCAMOS STAJ, CCOO E CIG E CON TODAS AQUELAS ORGANIZACIÓNS QUE, ESTEAN OU NON NA MESA SECTORIAL, TEÑAN MÁIS OU MENOS REPRESENTACIÓN NUS TERRITORIOS OU NOUTROS, DEFENDAS COS SEUS FEITOS A PLATAFORMA REIVINDICATIVA CAO QUE NOS COMPROMETEMOS HAI UN ANO CON TODO O COLECTIVO.


Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña: 657768693 - 635607376 cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela: 699 234 284 - cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol: 637 108 945 - cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo: 639 921 202 - 669 557 395 cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense: 636 424 191 - mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra: 646 023 058 - cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo: 669 760 087 - cig.vigo@xustiza.gal